Publicado o itinerario de competencia TIC docente
Coa finalidade de seguir a impulsar a integración das TIC no ensino galego, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición do profesorado un itinerario formativo de competencia dixital para a docencia.
Este itinerario de competencia TIC consta de cinco cursos, deseñados para cubrir as necesidades formativas do profesorado dende un nivel básico inicial ata outro máis avanzado. Os dous primeiros cursos (básico inicial e básico) programaranse en todos os CFR e no CAFI a partir de setembro. Os tres últimos (medio inicial, medio e avanzado) son cursos en rede que se desenvolverán en Platega. A inscrición en todos os cursos realizarase utilizando a aplicación Fprofe.
Disponse, así mesmo, dunha ferramenta de autoavaliación de competencia TIC, con cinco cuestionarios, para proporcionar ao profesorado un coñecemento o máis aproximado posible da formación que necesita para unha mellor integración das TIC na docencia. Cada docente poderá decidir por cal dos cursos empezar e por cales continuar, en concordancia cos seus coñecementos e necesidades formativas no momento da súa elección.