Gallego

Desexámosvos moi felices festas

Summary: 

Desde as Estruturas de Formación Permanente do Profesorado
Gallego
navidad

Invitación á Semana da Ciencia 2014

Summary: 

A ETS de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo do 17 ao 21 de novembro do 2014 fará visitas guiadas gratuítas de dúas horas dirixidas a alumnado de 4º da ESO e bacharelato
Gallego

Co obxectivo de involucrar ao alumnado preuniversitario coa Ciencia e a Tecnoloxía a través de actividades de divulgación e difusión, a Escola de Enxeñaría da Universidade de Vigo organiza unha nova edición da Semana da Ciencia.

Ao igual que nos anos últimos sete anos a ETS de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo do 17 ao 21 de novembro do 2014 fará visitas guiadas gratuítas de dúas horas dirixidas a alumnado de 4º da ESO e bacharelato. Deste  xeito a escola converterase nun espazo interactivo podendo: visitar os laboratorios de investigación, manipular por exemplo módulos demostrativos de explosivos; participar en traballos de campo, como o levantamento tridimensional dunha parte dun edificio mediante escaneos cun láser 3D; coñecer as posibilidades das enerxías alternativas ou as propiedades dos novos materiais e colaborar na toma de imaxes cunha cámara termográfica.

Ao remate da actividade os/as participantes recibirán agasallos-recordos da mesma e terán unha visión máis realista das actividades profesionais que emanan no Espazo Bolonia do novo Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e do novo Grao en Enxeñaría da Enerxía recentemente implantados na ETS de Enxeñaría de Minas. Con posteridade aos centros interesados enviaráselles un DVD cunha reportaxe fotográfica que inclúe os termogramas e scaneados láser tridimensionais realizados na súa visita.

Para máis información visitar a web da escola:  http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=81,0,0,1,0,0

Para reservar quenda poñerse en contacto co director da escola nos teléfonos ou correo máis abaixo indicados

José Benito Vázquez Dorrío (Director)
Universidade de Vigo E.T.S.E. de Minas
Campus Universitario
E36310 Vigo (SPAIN)
Tf: +34 986 813 490 +34 6473 43275
E-mail: directorminas@uvigo.es
http://webs.uvigo.es/etseminas/
http://www.laser.uvigo.es/
http://www.clickonphysics.es/cms/
 

 

 

semanaciencia2014

Axudas para o deseño e aplicación de proxectos de mellora da aprendizaxe do alumnado

Summary: 

Consulta as bases.
Gallego

Para acceder a toda a información preme na seguinte ligazón que leva á páxina do INTEF.

ACCEDER

 

axudas_intef

Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/2015

Summary: 

O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño de 2014. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2014.
Gallego

Xúntase a Resolución do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/15.

  • O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño de 2014.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2014.

Que son?

Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Destinatarios

Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.

Características

  • Os plans estarán integrados por un ou dous itinerarios formativos, que atenderán a algunha das liñas de actuación propostas.
  • Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario).
  • As actividades deberán estar integradas e secuenciadas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
  • Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Debe participar máis do 40% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.

Liñas de traballo

Os plans de formación tratarán, de xeito prioritario, a seguinte liña de actuación:

Programación, desenvolvemento e avaliación de competencias clave segundo os novos currículos.

Ademais, poderán tratar algunha das seguintes liñas:

  1. Planificación estratéxica das linguas no centro.
  2. Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
  3. Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
  4. Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias.
  5. Mellora do desempeño profesional docente e actualización científica e didáctica do profesorado.
  6. Mellora da xestión dos centros (con especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade.
  7. Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.
  8. Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos.

Máis información

a) As seguintes páxinas web

- Consellería: www.edu.xunta.es

- CAFI: www.edu.xunta.gal/portal/cafi    (apartado FORMACIÓN)

- CFR: A Coruña www.edu.xunta.gal/portal/cfrcoruna. Ferrol: www.edu.xunta.gal/portal/cfrferrol. Lugo: www.edu.xunta.gal/portal/cfrlugo. Ourense: www.edu.xunta.gal/portal/cfrourense. Pontevedra: www.edu.xunta.gal/portal/cfrpontevedra. Vigo: www.edu.xunta.gal/portal/cfrvigo.

b) Os seguintes teléfonos

CAFI: 981522411.

CFR: A Coruña: 981274221. Ferrol: 981370541. Lugo: 982251068. Ourense: 988241533. Pontevedra: 986872888. Vigo: 986202370.

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa: 981546513

c) Os seguintes enderezos electrónicos

CAFI: cafi@edu.xunta.es

CFR: A Coruña: cfr.coruna@edu.xunta.es. Ferrol: cfr.ferrol@edu.xunta.es Lugo: cfr.lugo@edu.xunta.es. Ourense: cfr.ourense@edu.xunta.es. Pontevedra: cfr.pontevedra@edu.xunta.es. Vigo: cfr.vigo@edu.xunta.es.

PFPP 2014 2015
PFPP

Plan anual de formación do profesorado 2014/2015

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para  o curso 2014/2015. Este documento integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prioriza.

 

ACCESO DIRECTO AO PLAN 2014/15

 

 

plan de formacion 2015

Cursos de verán organizados polo INTEF

Summary: 

Cursos de verán de xullo a setembro
Gallego

Durante os meses de xullo e setembro de 2014, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza doce cursos de verán dirixidos ao profesorado e aos centros educativos de todo o territorio nacional.
Para consultar a información:

Enlace ao post do INTEF coa  información sobre os cursos de verán

http://blog.educalab.es/intef/2014/05/21/cursos-de-verano-2014/


Enlace á convocatoria do BOE

http://www.boe.es/boe/dias/2014/05/24/pdfs/BOE-A-2014-5479.pdf

Enlace á sede electrónica    

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/profesorado/formacion/formacion-permanente/cursos-congresos/cursos/cursos-de-verano.html

 

 

 

 

 

 

 

 

cursos verán

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2014

Summary: 

Xúntase a Orde do 12 de maio de 2014 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2014.
Gallego

O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 20 días de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 20 días de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG.

Destinatarios e requisitos:

O persoal docente de carreira que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na Inspección Educativa.

Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada e non poden ter recibido reintegro individual nas dúas últimas convocatorias (anos 2012 e 2013).

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.
  • Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.
  • Certificación da dirección do centro na cal se xustifique que a persoa solicitante exerce actualmente nel e se especifique a disciplina, área, ciclo ou especialidade que imparte.
  • Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.
  • Memoria explicativa dos motivos polos cales se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na función docente.

Máis información

Mail: reintegros.fprofe@edu.xunta.es
Tl.: 981 546.515/ 981.546.513
Servizo de Formación do Profesorado
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

reintegro

5º Concurso Geomática Valencia 2014

Summary: 

Por quinto ano consecutivo a Escola Técnica Superior de Ingeniería Geodésica, Cartográfica e Topográfica (ETSIGCT) da Universitat Politècnica de València (UPV) convoca GEOMÁTICA VALENCIA 2014, o concurso sobre Topografía e Cartografía para estudantes de ensinos medios.
Gallego
O obxectivo deste concurso é dar a coñecer e divulgar entre os estudantes de ensinos medios as diversas fontes de información cartográfica existentes así como os organismos produtores desta información, tanto a nivel autonómico como a nivel nacional. Tamén se pretende que os estudantes teñan unha primeira aproximación á nova titulación de Grado de Ingeniería en Geomática e Topografía, así como ás súas competencias laborais e futuro profesional. Esta titulación comezou a impartirse no curso 2010-2011 na Escola Técnica Superior de Ingeniería Geodésica, Cartográfica e Topográfica (ETSIGCT) da Universidade Politécnica de Valencia (UPV).

Poden participar todos os alumnos que estean matriculados no curso 2013-14 en terceiro ou cuarto curso ESO, en Bacharelato ou en Ciclos Formativos. Non existe limitación no número de alumnos que se presenten por cada Centro.
O concurso consiste en :

1. Responder un sinxelo cuestionario sobre a Geomática e o novo Grado de Ingeniería Geomática e Topografía a partir dunhas pistas que se proporcionarán.

2. Enviar unha fotografía propia relacionada coa Geomática ou disciplinas relacionadas: Topografía, Cartografía, Geodesia, Fotogrametría, Teledetección, etc. Un xurado elixirá a ganadora entre as fotografías que acaden máis me gusta en facebook. Valorarase o enxeño, o aspecto artístico e o científico.

O concurso finalizará o 8 de xuño de 2014.

Premios para estudantes

Entre os estudantes que respondan correctamente un maior número de preguntas sortearanse 4 ordenadores portátiles.

Ademais, un xurado seleccionará o gañador entre as 10 fotografías máis votadas e ao seu autor entregaráselle un ordenador portátil.

Premios para profesores

Entre os 5 profesores de colexios ou institutos que máis fomentaran a participación dos seus alumnos sortearase un ordenador portátil.

Premios para centros

A cada un dos dous centros cun maior número de participantes regalaráselles un ordenador portátil.

Na dirección geomaticavalencia@gmail.com responderanse ás dúbidas xurdidas respecto ao concurso.
Concurso Geomática 2014

Remate do curso O cine e o ensino da historia (CAFI)

Summary: 

Vén de rematar, o pasado día 7 deste mes de maio, o curso de formación de profesorado O CINE E O ENSINO DA HISTORIA
Gallego

Máis de vinte profesores da comunidade galega participaron no curso O CINE E O ENSINO DA HISTORIA, que se desenvolveu no CAFI dende o 19 de febreiro ata o 7 de maio. Os asistentes, ademais de asistir a diferentes relatorios teóricos e á proxección de varios filmes galegos, tiveron a oportunidade de gravar unha pequena curta documental arredor do patrimonio histórico de Santiago e arredor das súas xentes. Entre os relatores que tomaron parte no curso figuran ANGEL LUIS HUESO MONTÓN (Catedrático USC), os directores de cine galego ANTÓN CAEIRO e XURXO CHIRRO (que proxectaron, respectivamente, as súas películas AILLADOS e UNE HISTOIRE SEULE), JOSÉ BÚA (Asesor de Medios Audiovisuais da Consellería de Cultura e Educación) e MANUEL GONZÁLEZ ÁLVAREZ e VICTOR SANTIDRIÁN, profesores de ensino secundario, expertos nas posibilidades pedagóxicas que ofrece a aplicación do cine nas aulas.

Proba de gravación da curta documental
Grupo de traballo elaborando unha curta documental

Novo MOOC de Educalab: Aprendizaxe baseada por proxectos

Gallego

O curso “Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP)” ofrece unha oportunidade de desenvolvemento profesional a través da participación nunha rede de aprendizaxe masiva e en liña e grazas ao deseño dun proxecto de aprendizaxe nun ambiente colaborativo.

Participar nesta experiencia permitiranos coñecer proxectos de referencia, analizalos, deseñar os nosos propios proxectos e entrar en contacto con outros docentes, profesionais ou persoas interesadas na educación con quen non só debateremos sobre esta metodoloxía senón que tamén serán o noso principal apoio e os nosos compañeiros e compañeiras para o desenvolvemento dos nosos proxectos.

Ao longo do curso poderanse conseguir 3 emblemas dixitais:

  • Ao finalizar a unidade 3: Docente activo

  • Ao finalizar a unidade 5: Docente avaliador

  • Ao finalizar a unidade 7: Docente ABP

Esta modalidade de formación faise de forma experimental sen certificación. Só se entregan os emblemas dixitais mencionados como forma de recoñecemento da aprendizaxe desenvolvida nas actividades do curso e non se certifican “horas de formación”. A estimación de carga horaria (40 h) é só orientativa. Agárdase que a participación no curso teña como principal motivación a aprendizaxe persoal, o desenvolvemento profesional e a colaboración con outros docentes.

As actividades da unidade 1 abriranse o luns 31 de marzo.

ACCESO A TODA A INFORMACIÓN

mooc