Invitación á Semana da Ciencia 2014
Co obxectivo de involucrar ao alumnado preuniversitario coa Ciencia e a Tecnoloxía a través de actividades de divulgación e difusión, a Escola de Enxeñaría da Universidade de Vigo organiza unha nova edición da Semana da Ciencia.
Ao igual que nos anos últimos sete anos a ETS de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo do 17 ao 21 de novembro do 2014 fará visitas guiadas gratuítas de dúas horas dirixidas a alumnado de 4º da ESO e bacharelato. Deste xeito a escola converterase nun espazo interactivo podendo: visitar os laboratorios de investigación, manipular por exemplo módulos demostrativos de explosivos; participar en traballos de campo, como o levantamento tridimensional dunha parte dun edificio mediante escaneos cun láser 3D; coñecer as posibilidades das enerxías alternativas ou as propiedades dos novos materiais e colaborar na toma de imaxes cunha cámara termográfica.
Ao remate da actividade os/as participantes recibirán agasallos-recordos da mesma e terán unha visión máis realista das actividades profesionais que emanan no Espazo Bolonia do novo Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e do novo Grao en Enxeñaría da Enerxía recentemente implantados na ETS de Enxeñaría de Minas. Con posteridade aos centros interesados enviaráselles un DVD cunha reportaxe fotográfica que inclúe os termogramas e scaneados láser tridimensionais realizados na súa visita.
Para máis información visitar a web da escola: http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=81,0,0,1,0,0
Para reservar quenda poñerse en contacto co director da escola nos teléfonos ou correo máis abaixo indicados
José Benito Vázquez Dorrío (Director)
Universidade de Vigo E.T.S.E. de Minas
Campus Universitario
E36310 Vigo (SPAIN)
Tf: +34 986 813 490 +34 6473 43275
E-mail: directorminas@uvigo.es
http://webs.uvigo.es/etseminas/
http://www.laser.uvigo.es/
http://www.clickonphysics.es/cms/