G2402007 - Transformación de centros educativos. Estratexias e proxectos innovadores
O próximo día 29 de marzo celebrarase a Xornada de Transformación de centros educativos. Estratexias e proxectos innovadores.
Cal e a diferenza entre cambio e transformación educativa?
Nesta xornada trataremos de responder a esta pregunta desde os seguintes tres eixos: avaliación, investigación e traballo en equipo.
Na apertura do evento poderemos escoitar a María Elena Cano García. Ela é profesora titular do Departamento de Didáctica e Organización Educativa da Universitat de Barcelona. É igualmente coordinadora do Grupo de Investigación Consolidado LMI (Learning, Media & Social Interactions) e do grupo recoñecido de Innovación Docente en Evaluación e Tecnoloxía GIDAT.
Participarán igualmente centros educativos de Galicia, premiados na convocatoria Innovagal.
O peche correrá a cargo de Toni Solano, Director no IES Bovalar de Castelló, un centro catalogado como CAES (Centros de Actuación Educativa Singular) e autor do ensaio "Aula o jaula". El é catedrático de Lingua e Literatura Castelá, impartindo esta materia no seu centro.
O prazo de inscrición en Fprofe está aberto ata o día 9 de marzo. O código do curso é G2402007.
Calquera dúbida que poidades ter ao respecto, pódese remitir un correo electrónico a cafi.for.inn@edu.xunta.gal