Gallego

G2401015 Atención ao alumnado con trastorno específico da linguaxe dende a orientación educativa

Summary: 

Curso de 20 horas: 16 horas presenciais e 4 non presenciais
Gallego

Obxectivos

1.Afondar no coñecemento das características e necesidades educativas do alumnado con trastorno específico da linguaxe.

2.Adquirir estratexias e recursos para dar unha resposta inclusiva ao alumnado con trastorno específico da linguaxe.

3.Deseñar, implementar e avaliar plans de intervención para a atención a este alumnado.

Contidos

1.Características e necesidades educativas do alumnado con con trastorno específico da linguaxe.

2.Recursos para dar unha resposta inclusiva ao alumnado con trastorno específico da linguaxe.

3.Deseño, implementación e avaliación de plans de intervención para a atención do alumnado con trastorno específico da linguaxe.

Observacións

Esta actividade formativa ten 4 horas non presenciais que se desenvolverán mediante unha proposta didáctica. Cada participante terá que xustificar ou dar conta do traballo desenvolvido, en relación á devandita proposta, nunha sesión de posta en común

G2401015  Atención ao alumnado con trastorno específico da linguaxe dende a orientación educativa

S2403005 O patrimonio histórico e cultural local como recurso educativo

Gallego

Queres coñecer aas pegadas góticas en Santiago de Compostela, os conflitos humanos que tiveron lugar na Baixa Idade Media e facer un percorrido polos petróglifos da área compostelá?

Fíxate nos horarios, xa que son algo anómalos!

O sábado, pola tarde, da man de Eduardo Sánchez Novais percorreremos os vestixios que nos mostran unha Compostela artística, combativa eviolenta. Xa á noite, acabaremos o percorrido de madrugada, co Colectivo A Rula faremos un percorrido polos petróglifos composteláns de Villestro.

 

 

Datos de interese:

  • Código en fprofe: S2403005
  • Data: sábado 5 de abril
  • Horario:
    • das 15:00 ás 19:00h percorrido por Compostela
    • das 19:00 ás 20h pausa para cear
    • das 20:00 ás 24:00h percorrido polos petrógilos de Villestro
  • Ponentes: Eduardo Sánchez Novais e Colectivo A Rula
S2403005  O patrimonio histórico e cultural local como recurso educativo

G2403001 - Delibes na aula

Summary: 

Valores da narrativa delibeliana no Ensino Secundario.
Unha magnífica oportunidade de coñecer ferramentas pedagóxicas para ensinar a obra de Miguel Delibes aos máis novos.
Gallego

Queres descubrir recursos didácticos sobre as obras de Miguel Delibes (El camino e Los santos inocentes) con propostas pedagóxicas para aplicar directamente nas aulas cos máis novos?

Daquela, este é o teu curso que organizamos xunto coa Fundación Miguel Delibes.

Miguel Delibes, un dos autores máis representativos da literatura española na segunda metade do século XX, é autor dunha obra ampla e variada que, ademais da súa indiscutible calidade literaria, defende uns valores éticos e estéticos que convén achegar aos alumnos. Este curso pretende promover unha lectura reflexiva que sirva á vez para o gozo e a identificación dos distintos elementos que se conxugan nunha obra literaria.

Programa:

7 de marzo 

  • - 17:00 - 18:30h - Elisa Delibes de Castro - Semblanza de Miguel Delibes
  • - 18:30 - 20:00h - Amparo Medina-Bocos Montarelo - Propostas didácticas a partir de El camino

8 de marzo 

  • - 10:00 - 11:30h - Ana María Martínez  Martínez - Os Discursos de Miguel Delibes
  • - 11:30 - 12:00h - Pausa
  • - 12:00 - 13:30h - Amparo Medina-Bocos Montarelo - Los santos inocentes. Propostas didácticas
  • - 15:30 - 17:00h - Francisco Gallego Díaz - Valores humanos na narrativa de Miguel Delibes. Traballo a partir de antoloxías
  • - 17:00 - 18:30h - Amparo Medina-Bocos Montarelo - O autor e a crítica. Bibliografía comentada sobre Miguel Delibes

 

 Datos de interese:

  • Código en fprofe: G2403001
  • Datas e horario:
    • 7 de marzo: das 17:00 ás 20:00
    • 8 de marzo: das 10:00 ás 13:30 3 das 15:30 ás 18:30.
  • Relatores: Elisa Delibes, Amparo Medina-Bocos, Ana Martínez e Francisco Gallego 

@MiguelFundacion

 

 

G2403001 - Delibes na aula

G2401004 - A renovación da ópera.

Summary: 

Actividade presencial sobre a renovación da ópera.
Gallego

Duración: 20 horas.

Lugar Celebración: CAFI.

Datas:   8, 9 e 23 de maio de      16:30-20:30h.
             22 de maio de                16:30-19:30h.
             24 de maio de                09:45-14:00h.

Programa:

G2401004 - A renovación da ópera.

G2403003 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Antonio López Ferreiro en Vedra

Summary: 

Antonio López Ferreiro foi un dos grandes historiadores da nosa terra e, ao mesmo tempo, pai da novela histórica galega.
Antonio López Ferreiro foi o primeiro arqueólogo medieval galego e pioneiro a nivel español
Gallego

Antonio López Ferreiro (1837-1910) foi un dos grandes historiadores da nosa terra e, ao mesmo tempo, pai da novela histórica galega. En galego publicou: A tecedeira de Bonaval (1894), O castelo de Pambre (1895) e O niño de pombas (1905), novelas ambientadas nos séculos XVI, XIV e XII respectivamente.

Queres descubrir os espazos vitais e literarios de Antonio López Ferreiro na súa estadía en Vedra?

Queres coñecer os monumentos e restos arqueolóxicos que o levaron a ser considerado o primeiro arqueólobo mediegal galego?

Queres coñecer os espazos nos que se insipou para as súas obras O castelo de Pambre (1895) e O niño de pombas (1905)?

Se é así, esta é a túa oportunidade. Viaxaremos por Pambre, Carboeiro, Pico Sacro, Galegos, Vedra...

Datos de interese:

  • Data: 26 de abril de 2025
  • Relator: Carlos Santos Fernández
  • Código en fprofe: G2403003

 

G2403003  - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Antonio López Ferreiro en Vedra

G2401029 - Equipos directivos. A xestión do centro docente como organización. Curso 2024-2025

Summary: 

Actividade formativa para os equipos directivos en activo. Días: 19 de febreiro, 12 e 19 de marzo e 9 de abril.
Gallego

Competencias profesionais: 

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade
  • Competencia en organización escolar e colaboración - Deseño, coordinación e execución de propostas

Obxectivos: 

  1. Xestionar procesos, recursos e documentación do centro.
  2. Empregar técnicas efectivas de xestión de recursos.
  3. Participar activamente en proxectos e programas levados a cabo no centro, deseñando propostas de mellora.

Contidos: 

  1. Imaxe institucional.
  2. Xestión por proxectos.
  3. Planificación.
  4. Organización educativa.
  5. Avaliación.
  6. Prevención de riscos laborais.
  7. Manual de autoprotección.
  8. Xestión de recursos (económicos, humanos, de tempo, espazos, servizos complementarios...).
  9. A calidade educativa.

Datas e horarios: 

  • Mércores,19 de febreiro: 10:00 - 14:00 (13:00 - 14:00 Café de traballo) e 14:00 - 18:00
  • Mércores, 12 de marzo: 09:30 - 13:30
  • Mércores, 19 de marzo: 09:30 - 13:30
  • Mércores, 9 de abril: 09:30 - 13:30

Lugar de realización: 

  •  Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Santiago de Compostela. 

Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2401029.

 

imaxe

S2402012 Sistemas de Control. Emprego e aplicación sensores e actuadores.

Summary: 

Iniciación co uso de sensores e actuadores con sistemas de control programable tipo Microbit.
Gallego

Duración:

8 horas.

Lugar Celebración:

AULA NOVA CAFI.

Datas:

25 de Febreiro de   16:30-20:30h.
11 de Marzo de      16:30-20:30h.

Ponente:

ALVARO DEIBE DÍAZ

Presentación

Video: 

G2403009 Rutas matemáticas na contorna

Summary: 

Rutas na túa contorna
As matemáticas en Compostela
A ciencia nas túas rúas
Gallego

Todos paseamos por Santiago de Compostela, admirando as súas rúas, as súas prazas, os seus parques e edificios. Algúns son grandes, outros pequenos; algúns son amplos e outros estreitos; algúns son antigos, outros modernos. Pero nunca exploraches esta cidade cunha perspectiva matemática que revele os segredos que se agochan en cada esquina, en cada edificio, en cada espazo..

Convidámoste a seguir este percorrido que che permitirá descubrir a ciencia e as matemáticas que subxacen nos nosos espazos urbanos para que logo as poidas aplicar a túa contorna co teu alumnado, sexa este de infantil, primaria ou secundaria xa que en cada recanto vas atopar elementos matemáticos.

 

Datos de interese:

  • Lugar: Santiago de Compostela
  • Data: 29 de marzo de 2025
  • Código en fprofe: G2403009
  • Relatores:
    • Pilar Garcia Agra
    • José María Barca López
    • Maruxa Barca López e
    • Julio Rodríguez Taboada
       

Para máis información sobre o percorrido, preme aquí

G2403009  Rutas matemáticas na contorna

S2401097 Xestión do benestar do alumnado

Summary: 

Técnicas e ferramentas para xestionar o benestar dentro e fóra da aula
Mellorar o voso compromiso coa saúde e o benestar dos estudantes
Gallego

Este curso está deseñado para todos os profesionais interesados en mellorar o benestar emocional e físico do alumnado.

Neste espazo de formación, abordaremos técnicas e ferramentas para xestionar o benestar dentro e fóra da aula

Non perdades a oportunidade de mellorar o voso compromiso coa saúde e o benestar dos estudantes!

A inscrición está aberta ata o 04/03/2025.

 

 

 

Datos de interese:

  • Curso de 20 horas: 15 horas presenciais e 5 non presenciais
  • Datas:
    • 13 de marzo, de 16:30 ás 20:30
      •  Mª Victoria Fernández Mosquera "O rol docente no coidado do benestar emocional nos centros educativos"
    • 19 de marzo, de 16:30 ás 20:30
      • Sonia Belén López Bugeiro e Beatriz Castro Suárez "Cultivando emocións: como a educación emocional transforma escolas e aulas"
    • 20 de marzo, de 16:30 ás 20:30
      • Mª Victoria Fernández Mosquera "O rol docente no coidado do benestar emocional nos centros educativos"
    • 27 de marzo, de 16:30 ás 20:30 - Sesión non presencial. A xustificación destas 5 horas implicará a realización dunha tarefa para desenvolver no centro/aula
    • 03 de abril, de 16:30 ás 20:30
      • Mª Victoria Fernández Mosquera "Posta en común das propostas realizadas atendendo ao benestar emocional do alumnado"
  • Relatores:
    • Mª Victoria Fernández Mosquera
    • Sonia Belén López Bugeiro e Beatriz Castro Suárez.
  • Código en fprofe: S2401097

Ligazón a fprofe

S2401097  Xestión do benestar do alumnado

File: 

S2401067 Introdución ao tratamento integrado das linguas

Summary: 

Curso de 20 horas (14 presenciais e 6 non presenciais) para todos os corpos e especialidades.
Gallego

Aberto o prazo de inscrición para o curso S2401067 Introdución ao tratamento integrado das linguas.

Se queredes mediar co voso alumnado para que se comunique ben, deseñar situacións de aprendizaxe en diferentes áreas/materias e poñer en valor o plurilingüismo inclusivo, animámosvos a que vos apuntedes neste curso.

6 de marzo de 16.30 a 20.30 horas

  • Leire Díaz de Gereñu (Universidade do País Vasco)
  • "Tratamento integrado de didáctica de linguas no ensino non universitario. Galicia Euskadi!

13 de marzo de 16.30 a 20.30 horas

  • Sofía C. Rama Lorenzo (IES Félix Muriel) e Ana Ramos Villanustre (CEIP Santa Baia)
  • Obradoiro. Sesión 1

20 de marzo de 17.00 a 20.00 horas

  • Teresa Neira, Itziar López e José Carlos Sánchez (Proxecto EDIA, Cedec)
  • "Situacións de aprendizaxe e enfoque comunicativo no marco do Proxecto EDIA"

27 de marzo de 17.00 a 20.00 horas

  • Sofía C. Rama Lorenzo (IES Félix Muriel) e Ana Ramos Villanustre (CEIP Santa Baia)
  • Obradoiro. Sesión 2

Programa:

 

S2401067 Introdución ao tratamento integrado das linguas

File: