G2403001 - Delibes na aula
Queres descubrir recursos didácticos sobre as obras de Miguel Delibes (El camino e Los santos inocentes) con propostas pedagóxicas para aplicar directamente nas aulas cos máis novos?
Daquela, este é o teu curso que organizamos xunto coa Fundación Miguel Delibes.
Miguel Delibes, un dos autores máis representativos da literatura española na segunda metade do século XX, é autor dunha obra ampla e variada que, ademais da súa indiscutible calidade literaria, defende uns valores éticos e estéticos que convén achegar aos alumnos. Este curso pretende promover unha lectura reflexiva que sirva á vez para o gozo e a identificación dos distintos elementos que se conxugan nunha obra literaria.
Programa:
7 de marzo
- - 17:00 - 18:30h - Elisa Delibes de Castro - Semblanza de Miguel Delibes
- - 18:30 - 20:00h - Amparo Medina-Bocos Montarelo - Propostas didácticas a partir de El camino
8 de marzo
- - 10:00 - 11:30h - Ana María Martínez Martínez - Os Discursos de Miguel Delibes
- - 11:30 - 12:00h - Pausa
- - 12:00 - 13:30h - Amparo Medina-Bocos Montarelo - Los santos inocentes. Propostas didácticas
- - 15:30 - 17:00h - Francisco Gallego Díaz - Valores humanos na narrativa de Miguel Delibes. Traballo a partir de antoloxías
- - 17:00 - 18:30h - Amparo Medina-Bocos Montarelo - O autor e a crítica. Bibliografía comentada sobre Miguel Delibes
Datos de interese:
- Código en fprofe: G2403001
- Datas e horario:
- 7 de marzo: das 17:00 ás 20:00
- 8 de marzo: das 10:00 ás 13:30 3 das 15:30 ás 18:30.
- Relatores: Elisa Delibes, Amparo Medina-Bocos, Ana Martínez e Francisco Gallego