G2403009 Rutas matemáticas na contorna
Todos paseamos por Santiago de Compostela, admirando as súas rúas, as súas prazas, os seus parques e edificios. Algúns son grandes, outros pequenos; algúns son amplos e outros estreitos; algúns son antigos, outros modernos. Pero nunca exploraches esta cidade cunha perspectiva matemática que revele os segredos que se agochan en cada esquina, en cada edificio, en cada espazo..
Convidámoste a seguir este percorrido que che permitirá descubrir a ciencia e as matemáticas que subxacen nos nosos espazos urbanos para que logo as poidas aplicar a túa contorna co teu alumnado, sexa este de infantil, primaria ou secundaria xa que en cada recanto vas atopar elementos matemáticos.
Datos de interese:
- Lugar: Santiago de Compostela
- Data: 29 de marzo de 2025
- Código en fprofe: G2403009
- Relatores:
- Pilar Garcia Agra
- José María Barca López
- Maruxa Barca López e
- Julio Rodríguez Taboada
Para máis información sobre o percorrido, preme aquí