S2401023 Comunicación eficaz docente
Enviado por portalcafi a Ven, 26/07/2024 - 10:53Summary:
Gustaríache captar toda a atención do teu alumnado cada vez que impartes clases e non ter que loitar para que che presten atención?
Queres mellorar a túa forma de te expresar e a túa linguaxe corporal para poder aplicalo nas túas aulas e en calquera outra actividade académica?
Sentiches que algunhas veces o alumnado non che prestaba atención e desconectaba?
Se te sentes identificado con estas situacións, seguro que che convén aprender e levar á práctica o que che imos contar neste curso.
Obxectivos
- Mellorar a comunicación interpersoal para a función docente.
- Adquirir ferramentas para a comunicación eficaz.
- Construír un discurso eficaz manexando o espazo de acción.
Contidos
- Comunicación eficaz: estrutura e estratexias do discurso.
- Linguaxe non verbal: adestramento da voz e do corpo.
- A mensaxe: estrutura, contido e ideas clave.
- A posta en escena.
Datos importantes:
- Datas:
- Outubro:
- 26 (xoves)
- Novembro:
- 3 (xoves)
- 10 (xoves)
- 17 (xoves)
- 24 (xoves)
- Decembro:
- 7 (xoves)
- Outubro:
- Horario: 17:30 a 20:30h
- Relator: Santiago Martínez Suárez
- Código en fprofe: S2401023