Gallego

Día Mundial do Docente

Summary: 

05 de outubro
Gallego

Cada 5 de outubro, celebramos o Día Mundial do Docente, unha data establecida pola UNESCO en 1994.

 ‘É a suprema arte do docente espertar a curiosidade na expresión creativa e coñecemento’

                                                                                       Albert Einstein

Felicidades a todos os docentes no seu día!

Día Mundial do Docente

25 N Prepara o teu material

Summary: 

Convocatoria do Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro “Día internacional contra a Violencia de Xénero”
Gallego

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

Prepara un proxecto, preséntanolo a Aula Nova e ven aproveitar todo o material que temos ao teu dispor!

Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44563

Convocatoria do Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro “Día internacional contra a Viole

S24401006 A comunicación a través da linguaxe audiovisual

Summary: 

Introdución ao audiovisual como elemento da comunicación, a creación dunha historia e a utilidade das redes sociais na aula
Gallego

A Comunicación a través da linguaxe audiovisual.

Datas: 17, 23, 24 de outubro e 7, 14 de novembro

De 17:00 a 20:00h

Preinscrición en fprofe ata o 2 de outubro

Linguaxe audiovisual
A Comunicación a través da linguaxe audiovisual

16 de setembro - Día Europeo das Linguas

Summary: 

Día Europeo das linguas
Gallego

Para conmemorar o Día Europeo das Linguas e celebrar a diversidade lingüística e multicultural, o CAFI, neste primeiro trimestre vai desenvolver un amplo abano de actividades vinculadas tanto ás linguas cooficiais coma ás linguas estranxeiras:

G2403002 - Formación para a solicitude de proxectos plurianuais de centros escolares no Programa Erasmus+

S2401023 - Comunicación eficaz docente

S2401068 - Lingua de signos. Curso básico

S2401104 - Formación para profesorado en inglés. Nivel C1

S2401105 - Formación para profesorado en inglés. Nivel B2

S2401106 - Formación para profesorado en inglés. Nivel C2

S2403002 - Actualización en didácticas das linguas estranxeiras

Animamoste a que lle deas unha ollada, seguro que has atopar algo interesante.

 

 

16 de setembro - Día Europeo das Linguas

G2401111 - Formación para desenvolver a función directiva

Summary: 

Aberta a inscrición en Fprofe.
Gallego
imaxe

S2401005 A comprensión lectora para o éxito escolar

Summary: 

Actividade dirixida a todo o profesorado.
Gallego

Obxectivos:

1.Analizar diferentes estratexias de lectura.

2.Suxerir pautas para promover a lectura e o uso crítico de información entre o alumnado.

3.Explorar distintas formas de lectura e integralas na aula.

Contidos:

1.Estratexias para a formación de lectores competentes.

2.A lectura en diferentes formatos e soportes.

3.Lectura e narrativa transmedia.

4.Recursos para ampliar a lectura.

Calendario:

  • 16/10/2024 17:00 - 20:30 Relator: Juan Manuel do Río Surribas. Aula Nova

  • 23/10/2024 17:00 - 20:30 Relator: Juan Manuel do Río Surribas. Aula Nova

  • 06/11/2024 17:00 - 20:00 Relator: Roi Guitián Martínez. Aula Nova

  • 13/11/2024 17:00 - 20:30 Relator: Juan Manuel do Río Surribas. Aula por definir

  • 20/11/2024 17:00 - 20:30 Relator: Juan Manuel do Río Surribas. Aula Nova

  • 28/11/2024 17:00 - 20:00 Relatora: Montse Pena Presas. Aula Nova

 

Programa do curso
Programa do curso

S2401072 Metodoloxías activas na aula de Matemáticas (secundaria)

Summary: 

Gallego

Queres coñecer metodoloxías activas para a túa clase de Matemáticas? Na actividade S2401072 Metodoloxías activas na aula de Matemáticas, dirixida a profesorado de Secundaria, abordaremos, cun enfoque práctico, diferentes metodoloxías activas para a clase de Mate (gamificación, escape room, clase invertida, microsecuencias...).

Lugar de celebración: CAFI, Santiago de Compostela.

Datas: mércores 9, 16, 23 e 30 de octubre.

Horario: de 16:30 a 20:00.

Persoas relatoras: Pablo Trashorras e Esther Padín.

Prazo de inscrición aberto ata o 30 de setembro en FProfe.

Cartel Mate

Convocatoria do proxecto Biblioteca Creativa para centros públicos que acollan ensinanzas de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para curso 2024/25

Summary: 

Biblioteca Creativa
Gallego

Resolución do 16 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no proxecto de Biblioteca Creativa, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos no seo das bibliotecas escolares dos centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para curso 2024/25.
 

Convocatoria do proxecto Biblioteca Creativa para centros públicos que acollan ensinanzas de educación infantil e primaria, inte