Gallego

Pensamento computacional e robótica básica na aula. Do True True ao mBot

Summary: 

1.Características, funcionamento e uso didáctico do True True e Lego máquinas simples . 2.M-Bot: montaxe, características, funcionamento e uso didáctico dos mesmos. 3.Software para programación dos robots traballados (APP de true-true, Makeblock). 4.Linguaxe de programación en Makeblock (scratch) para a programación do M-bot. 5.Programando sen ordenador. Deseño de actividades desenchufadas para traballar o pensamento computacional.
Gallego

O curso de "Pensamento computacional e robótica básica na aula. Do True True ao mBot" impartirase no CAFI o sábado día 6 de abril de 2024. Ten unha duración de 8 horas (de 10:00 - 14:00 h e das 16:00 ás 20:00 h) e ten como obxectivos principais:

1.Identificar as características e funcionamento do True True, m-Bot e lego máquinas simples.

2.Coñecer a linguaxe de programación en Makeblock (scratch) para a programación do m-Bot.

3.Coñecer o software para programación dos robots traballados (APP de true-true, Makeblock).

Pensamento computacional e robótica básica na aula. Do True True ao mBot

Xornadas de atención á diversidade. Curso 2023-2024

Summary: 

Dirixidas a persoas orientadoras, profesorado de pedagoxía terapéutica e profesorado de audición e linguaxe. Aberto o prazo de inscrición no fprofe. Código da actividade: G2302044
Gallego

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Duración: 8 horas

Enlace ao programa: https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=5286

 

Programa
Programa

Xestión do benestar do alumnado

Summary: 

Dirixido a todo o profesorado. Aberto o prazo de inscrición en fprofe. Código S2301104
Gallego

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación

Datas:

21 y 26 de febreiro en horario de tarde.

2 de marzo en horario de mañá.

4 y 14 de marzo en horario de tarde.

 

 

 

 

Obxectivos

1.Coñecer o marco teórico da intelixencia emocional para favorecer a xestión do benestar.

2.Adquirir mecanismos prácticos de detección e intervención de problemas emocionais e desenvolver actuacións de aula e centro para a prevención e detección de problemas socioemocionais no alumnado.

3.Implementar na aula actividades de benestar emocional.

Contidos

1.Marco teórico da intelixencia emocional. O desenvolvemento das competencias emocionais.

2.Mecanismos prácticos de prevención e detección de problemáticas de tipo emocional no alumnado. Factores de protección e indicadores de risco.

3.Estratexias e pautas de intervención ante situacións de risco.

 

Cartel
Cartel

11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Summary: 

Gallego

A ciencia é o meu futuro?: un diálogo entre alumnas de bacharelato e as investigadoras e técnicas do INCIPIT - CSIC.  

Actividade principalmente orientada a STEMbach, aberta a todo o alumnado de Bacharelato.

Formato: presencial e online.

Data e lugar: venres 9 de febreiro de 2024 ás 10:30. Sede do INCIPIT (Edificio Fontán-Cidade da Cultura, Santiago de Compostela).

Inscricións: se estades interesado/as en participar online ou presencialmente na actividade, podedes mandar un e-mail a valorizacion@incipit.csic  

A actividade ten como obxectivo visibilizar e revalorizar o traballo das mulleres no ámbito científico, promover vocacións científicas entre as alumnas, así como sensibilizar a todo o alumnado sobre a importancia da igualdade de xénero no ámbito científico.  Cada unha das participantes conversarán coas rapazas e rapaces sobre o seu traballo e experiencia, abordando aspectos positivos e negativos da carreira científica tanto desde as súas perspectivas profesionais coma persoais. Ao mesmo tempo o alumnado terá a oportunidade de formular preguntas e expoñer as súas inquedanzas e intereses.  

Quen son as investigadoras e técnicas do INCIPIT que interveñen?

  • María Cruz Ferro Vázquez é técnica de investigación e doutora en Ciencias do Solo pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde o inicio da súa vida profesional traballou en preto de 40 proxectos nacionais e internacionais (Chile, Etiopía, Guinea Ecuatorial, Tanzania, Illas Galápagos, varios países do Caribe, así como España e outros países europeos).
  • Alejandra Galmés, é investigadora postdoutoral Juan de la Cierva no  INCIPIT, e membro do grupo de investigación ArqueoUIB (Universitat de les Illes Balears). A súa liña de investigación céntrase nas formas en que a arquitectura conecta a paisaxe a través das novas metodoloxías digitais.  
  • Maria Martín-Seijo, é  científica titular e súa área de investigación é a Arqueobotánica. Investiga sobre as relacións que se estableceron no pasado entre seres humanos e plantas, a partir do estudo dos residuos da leña e das manufacturas vexetais recuperadas en contextos arqueolóxicos. Ten traballado en Europa, América e recentemente en Asia e Oceanía.   
  • Andrea Solana-Muñoz, é investigadora predoutoral, cursou o Grao en Arqueoloxía e o Máster en Estudos do Patrimonio da Vrije Universiteit Amsterdam. Os seus temas de investigación xiran arredor das tecnoloxías xeoespaciais, a arqueoloxía da paisaxe, as novas técnicas de estudo da paisaxe e as metodoloxías de prospección e documentación non invasivas.  
  • Jadranka Verdonkschot, é investigadora postdoutoral, doutora en arqueoloxía e asistente de investigación do ERC Material Minds (XSCAPE), un proxecto europeo que ten como obxectivo analizar como as nosas mentes modifican o mundo que construímos e que reúne a un equipo de especialistas que combinan a investigación neurocientífica, as disciplinas arqueolóxicas e históricas coa ciencia cognitiva e a filosofía. 
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Summary: 

Undefined

11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A ciencia é o meu futuro?: un diálogo entre alumnas de bacharelato e as investigadoras e técnicas do INCIPITCSIC”.

Actividade principalmente orientada a STEMbach, aberta a todo o alumnado de Bacharelato.

Formato: presencial e online.

Data e lugar: venres 9 de febreiro de 2024 ás 10:30. Sede do INCIPIT (Edificio Fontán-Cidade da Cultura, Santiago de Compostela).

Inscricións: se estades interesado/as en participar online ou presencialmente na actividade, podedes mandar un e-mail a valorizacion@incipit.csic

A actividade ten como obxectivo visibilizar e revalorizar o traballo das mulleres no ámbito científico, promover vocacións científicas entre as alumnas, así como sensibilizar a todo o alumnado sobre a importancia da igualdade de xénero no ámbito científico. Cada unha das participantes conversaran coas rapazas e rapaces sobre o seu traballo e experiencia, abordando aspectos positivos e negativos da carreira científica tanto desde as súas perspectivas profesionais coma persoais. Ao mesmo tempo o alumnado terá a oportunidade de formular preguntas e expoñer as súas inquedanzas e intereses.

Quen son as investigadoras e técnicas do INCIPIT que interveñen?

  • María Cruz Ferro Vázquez é técnica de investigación e doutora en Ciencias do Solo pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde o inicio da súa vida profesional traballou en preto de 40 proxectos nacionais e internacionais (Chile, Etiopía, Guinea Ecuatorial, Tanzania, Illas Galápagos, varios países do Caribe, así como España e outros países europeos).
  • Alejandra Galmés, é investigadora postdoutoral Juan de la Cierva no INCIPIT, e membro do grupo de investigación ArqueoUIB (Universitat de les Illes Balears). A súa liña de investigación céntrase nas formas en que a arquitectura conecta a paisaxe a través das novas metodoloxías digitais.
  • Maria Martín-Seijo, é científica titular e súa área de investigación é a Arqueobotánica. Investiga sobre as relacións que se estableceron no pasado entre seres humanos e plantas, a partir do estudo dos residuos da leña e das manufacturas vexetais recuperadas en contextos arqueolóxicos. Ten traballado en Europa, América e recentemente en Asia e Oceanía. 2 INSTITUTO DE CIENCIAS DEL PATRIMONIO (INCIPIT)
  • Andrea Solana-Muñoz, é investigadora predoutoral, cursou o Grao en Arqueoloxía e o Máster en Estudos do Patrimonio da Vrije Universiteit Amsterdam. Os seus temas de investigación xiran arredor das tecnoloxías xeoespaciais, a arqueoloxía da paisaxe, as novas técnicas de estudo da paisaxe e as metodoloxías de prospección e documentación non invasivas.
  • Jadranka Verdonkschot, é investigadora postdoutoral, doutora en arqueoloxía e asistente de investigación do ERC Material Minds (XSCAPE), un proxecto europeo que ten como obxectivo analizar como as nosas mentes modifican o mundo que construímos e que reúne a un equipo de especialistas que combinan a investigación neurocientífica, as disciplinas arqueolóxicas e históricas coa ciencia cognitiva e a filosofía
Día Internacional da Muller e da nena na Ciencia

G2301076 O bo trato nas relacións de xénero e a igualdade de oportunidades

Summary: 

Curso de 20 horas: 15 presenciais e 5 non presenciais Lugar de celebración: C.I.F.P Compostela
Gallego

OBXECTIVOS

1.Identificar os sinais que poden alertar dunha situación de violencia de xénero.

2.Coñecer estratexias que favorecen o bo trato nas relacións de xénero e a igualdade de oportunidades.

3.Coñecer boas prácticas, materiais e recursos que favorezan o bo trato nas relacións de xénero así como a igualdade de oportunidades.

CONTIDOS

1.Sinais de alerta referidas a situacións de violencia de xénero.

2.Accións para promover a igualdade de oportunidades e o bo trato nas relacións de xénero.

3.Recursos e boas prácticas.

4.Experimentando algunha práctica na aula/centro.

ENLACE A FPROFE

O bo trato

Video: 

O bo trato

G2301076 O bo trato nas relacións de xénero e a igualdade de oportunidades

Summary: 

Curso de 20 horas: 15 presenciais e 5 non presenciais Lugar de realización: CAFI. Santiago de Compostela
Gallego

OBXECTIVOS

1.Identificar os sinais que poden alertar dunha situación de violencia de xénero.

2.Coñecer estratexias que favorecen o bo trato nas relacións de xénero e a igualdade de oportunidades.

3.Coñecer boas prácticas, materiais e recursos que favorezan o bo trato nas relacións de xénero así como a igualdade de oportunidades.

CONTIDOS

1.Sinais de alerta referidas a situacións de violencia de xénero.

2.Accións para promover a igualdade de oportunidades e o bo trato nas relacións de xénero.

3.Recursos e boas prácticas.

4.Experimentando algunha práctica na aula/centro.

Enlace a FPROFE

O bo trato

Video: 

O bo trato

S2301098 Proxectos de Big Data

Summary: 

Actividade presencial nas instalacións do CAFI.
Gallego

Duración: 12 horas

Lugar Celebración: BIBLIOTECA CAFI.

Datas: 22 de Febreiro de 16:30 a 20:30h,

            23 de Febreiro de 16:30 a 20:30h,

            24 de Febreiro de 10:00 a 14:00h.

 

  1. Conceptos principais en Big Data. Plataforma Big Data de Educaixa para profesores de ESO, BTO e FP.

  2. BIG DATA EN PROXECTOS STEAM CONTEXTUALIZADOS. BOAS PRÁCTICAS.

  3. DINÁMICA DE XERACIÓN DE IDEAS PARA A PROPOSTA DE PROXECTOS STEAM CON BIG DATA (ODS).

Proxectos de Big Data

Video: 

S2301084 O metaverso en contextos educativos

Summary: 

Actividade presencial para explorar as posibilidades de utilización do metaverso nas aulas.
Gallego

Duración: 12 horas
Lugar Celebración: BIBLIOTECA CAFI.
Datas:  13 de Febreiro de 16:00 a 19:00h (Webex),
            16 de Febreiro de 16:30 a 20:30h,
            17 de Febreiro de 09:30 a 14:30h.

 

  1. Da Realidade Extendida ó Metaverso.

  2. Introducción ó Metaverso.

  3. Metaversos Educativos.

  4. Avatares no Metaverso.

  5. Creación de Metaversos.

Metaverso Educativo
Metaverso Educativo

Video: 

S2301169 Conectar a miña clase de lingua estranxeira presencial coa aula virtual

Summary: 

Curso presencial para profesorado de inglés e francés.
Gallego

Datas:

mércores, 21 e 28 de febreiro de 16:30 - 20:30 horas

mércores, 6 e 13 de marzo de 16:30 - 20:30 horas

sábado, 16 de marzo de 10 - 14 horas

Duración: 20 horas

Lugar de celebración: C.I.F.P Compostela

 

Obxetivos:

1.Conectar a miña clase presencial coa aula virtual: motivar fóra da aula.

2.Actualizar os usos oral e escrito en lingua francesa e en lingua inglesa.

3.Crear material para a miña aula presencial o virtual.

Contidos:

1.Reflexión sobre a autoaprendizaxe.

2.Actualización das competencias orais e escritas dentro e fóra da aula.

3.Creación de actividades motivadoras e lúdicas para todos os niveis de lingua.

4.Desenvolvemento das competencias dixitais aplicadas ás linguas estranxeiras.

Conectar clase de lingua estranxeira con AV
S2301169 Conectar a miña clase de lingua estranxeira presencial coa aula virtual