Pensamento computacional e robótica básica na aula. Do True True ao mBot
1.Características, funcionamento e uso didáctico do True True e Lego máquinas simples .
2.M-Bot: montaxe, características, funcionamento e uso didáctico dos mesmos.
3.Software para programación dos robots traballados (APP de true-true, Makeblock).
4.Linguaxe de programación en Makeblock (scratch) para a programación do M-bot.
5.Programando sen ordenador. Deseño de actividades desenchufadas para traballar o pensamento computacional.
Xov, 15/02/2024 - 10:11
O curso de "Pensamento computacional e robótica básica na aula. Do True True ao mBot" impartirase no CAFI o sábado día 6 de abril de 2024. Ten unha duración de 8 horas (de 10:00 - 14:00 h e das 16:00 ás 20:00 h) e ten como obxectivos principais:
1.Identificar as características e funcionamento do True True, m-Bot e lego máquinas simples.
2.Coñecer a linguaxe de programación en Makeblock (scratch) para a programación do m-Bot.
3.Coñecer o software para programación dos robots traballados (APP de true-true, Makeblock).