S2401072 Metodoloxías activas na aula de Matemáticas (secundaria)
Mar, 24/09/2024 - 11:24
Queres coñecer metodoloxías activas para a túa clase de Matemáticas? Na actividade S2401072 Metodoloxías activas na aula de Matemáticas, dirixida a profesorado de Secundaria, abordaremos, cun enfoque práctico, diferentes metodoloxías activas para a clase de Mate (gamificación, escape room, clase invertida, microsecuencias...).
Lugar de celebración: CAFI, Santiago de Compostela.
Datas: mércores 9, 16, 23 e 30 de octubre.
Horario: de 16:30 a 20:00.
Persoas relatoras: Pablo Trashorras e Esther Padín.
Prazo de inscrición aberto ata o 30 de setembro en FProfe.