Gallego

S 1301035 As danzas populares e tradicionais como recurso para o traballo das competencias básicas

Gallego

Data da actividade: 1º Trimestre

Lugar: Ventín Ames

Número de horas: 30h

Data límite de inscrición: 20/09/2013

Sección: 

Plan anual de formación do profesorado 2013/2014

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2013/2014.
Gallego
plan anual 2013 2014

S1201025 As actividades de loita nas clases de educación física

Gallego

Data de comezo: 5 de febreiro de 2013

Data de finalización: 5 de marzo de 2013

Lugar de celebración: CEIP de Ventín (Ames)

Número de horas totais: 20h

Data: 

05/02/2013 - 05/03/2013

Sección: 

S1201109: Máis e mellor actividade física. Recursos didácticos e ferramentas para o profesorado.

Gallego

 

Data de realización: 9 de marzo

Lugar: Santiago de Compostela

Número de horas: 8

Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do

Data: 

09/03/2013

Sección: 

S1301001 A xestualidade expresiva do intérprete

Summary: 

A actividade formativa está dirixida a profesores e profesoras de Conservatorios de Música.
Gallego

Atópase aberto o prazo de inscrición para a actividade "S1301001 A xestualidade expresiva do intérprete" destinada ao profesorado de Conservatorios de música. As persoas interesadas deberán inscribirse canto antes a través da aplicación de xestión do profesorado fprofe. O curso desenvolverase en Setembro, entre os días 12 e 14 no seguinte horario:

Horario da actividade
    DÍA HORARIO CÓMPUTO HORAS

Xoves 12 de setembro

Mañá: 10 - 14 h

Tarde: 16 - 19 h

7 horas

Venres 13 de setembro

Mañá: 9 - 14 h

Tarde:16 - 19 h

8 horas
Sábado 14 de setembro Mañá: 9 - 14 h 5 horas
    TOTAL: 20 HORAS

Obxectivos:

1.Coñecer a importancia da xestualidade do intérprete para a súa comunicación co público nun recital.

2.Saber coñecer aqueles lugares onde o intérprete pode afondar a súa prestación mediante o xesto, como é a música descritiva, os silencios, inicios e finais das obras, diversos aspectos rítmicos, etc.

3.Valorar o aspecto lúdico que moitas veces ten a música. Ampliar o coñecemento do repertorio musical e que gocen da súa audición.

Contidos:

1.A importancia da xestualidade.

2.O músico como actor.

3.O discurso musical e o xesto.

4.O conxunto camerístico.

5. A imitación instrumental no piano.

6.Música xestual.

Dirixido a:

  • 594 - Profesores de música e artes escénicas (Ensinanzas de música)

Criterios de selección de participantes:

1. Profesorado de música e artes escénicas.

2. Profesorado interino que estea impartindo clases en conservatorios.

3. Profesorado substituto que estea impartindo clases en conservatorios.

Relator da actividade: Albert Nieto López.

S1301001 A xestualidade expresiva do intérprete
S1301001 A xestualidade expresiva do intérprete

Cursos de verán 2013

Summary: 

Cursos de verán organizados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP)
Gallego

Durante os meses de xullo e setembro de 2013, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza doce cursos de verán dirixidos ao profesorado e aos centros educativos de todo o territorio nacional.
Para consultar a información:
 
 http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/1036-cursos-de-verano-2013

cursos veran intef
cursos veran intef

MuseScore

MuseScore é un programa editor de partituras de uso libre con versións para Windows, Mac e Ubuntu. É bastante sinxelo o seu emprego, e a súa páxina oficial conta cun completo manual.

Se estamos aplicando as TIC nas nosas clases de música tarde ou cedo poremos aos nosos alumnos a escribir música no ordenador. Con MuseScore non temos ningunha excusa, é asequible e sinxelo. Ao ser un programa libre permítenos instalalo nos ordenadores da aula e ademáis os alumnos poden descargalo e instalalo nos seus ordenadores persoais podendo realizar traballos e partituras na casa. Por outra parte, é unha sorte que MuseScore esté en galego e en español xa que este aspecto facilita moito o uso do programa e as indicacións que vaiamos dando aos alumnos. Outros editores en inglés engaden a dificultade dun vocabulario moi específico como é o dos términos musicais.

Na páxina oficial do programa "musescore.org" atopamos toda a información e os recursos necesarios para comezar a empregalo. Na zona de descarga están as diferentes versións do programa: MuseScore para Windows, para Mac, etc.

MuseScore conta cun Manual onde consultar as dubidas que loxicamente van xurdindo cando un se achega a un programa por primeira vez. Este manual divídese en varios apartados:

  • Inicio: Con información sobre instalación e creación dunha nova partitura.

  • Básico: Con información sobre ingresar notas, copiar e pegar, modo de edición, traballando con compases, paletas, desfacer, volver a facer e exportar.

  • Notación: Con extensa información sobre como usar os signos da linguaxe musical: alteracións, barras de compás, chaves, etc.

  • Son e reprodución: Con información sobre o modo de reprodución, o tempo e os axustes de son.

  • Ademáis dos aspectos sinalados anteriormente tamén contén información sobre: Atallos do tecladoGlosarioImaxesTextoFormato, e Soporte.

Cada un destes apartados contén numeras ligazóns coas explicacións pertinentes. As instrucións están moi claras xa que aportan exemplos visuais de cada un dos conceptos explicados que van acompañados, ademáis, por unha páxina especial para imprimir.  Na seguinte ligazón podes descargar o  Manual completo en PDF.

Artigo escrito por Maria Jesús Camino (CC-by-sa)

Gallego
MuseScore

Vídeo "Mostra do Ensino 2012"

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou a Mostra do Ensino Galicia 2012, que tivo lugar entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.
Gallego

Coincidindo coa Mostra do  Ensino Galicia 2012, tivo  lugar o congreso  Formación  e  competencias na nova  sociedade, dirixido ao  profesorado e aos  profesionais do ámbito empresarial, no que se abordaron, a través de conferencias e mesas redondas, os novos retos e as innovacións que, en diversas áreas da educación e da formación, se demandan nun mundo globalizado. Docentes e alumnos asistiron aos obradoiros desenvolvidos na mostra nos que se amosaron os programas educativos que se están a desenvolver nos centros de ensino galego.

No congreso paralelo á Mostra interviñeron uns 2.000 profesores; chegou a ser visitada por máis de 15.000 estudantes.

 

 

video mostra

S1201109: Máis e mellor actividade física. Recursos didácticos e ferramentas para o profesorado.

Summary: 

Este curso terá lugar o próximo 9 de marzo en Santiago de Compostela cunha duración de 8 horas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de marzo.
Gallego

Data de realización: 9 de marzo

Lugar: Santiago de Compostela

Número de horas: 8

Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do

Imagen: http://www.flickr.com/photos/adwriter/165347585/

 

cabecera