S1301001 A xestualidade expresiva do intérprete
Atópase aberto o prazo de inscrición para a actividade "S1301001 A xestualidade expresiva do intérprete" destinada ao profesorado de Conservatorios de música. As persoas interesadas deberán inscribirse canto antes a través da aplicación de xestión do profesorado fprofe. O curso desenvolverase en Setembro, entre os días 12 e 14 no seguinte horario:
DÍA | HORARIO | CÓMPUTO HORAS |
Xoves 12 de setembro |
Mañá: 10 - 14 h Tarde: 16 - 19 h |
7 horas |
Venres 13 de setembro |
Mañá: 9 - 14 h Tarde:16 - 19 h |
8 horas |
Sábado 14 de setembro | Mañá: 9 - 14 h | 5 horas |
TOTAL: 20 HORAS |
Obxectivos:
1.Coñecer a importancia da xestualidade do intérprete para a súa comunicación co público nun recital.
2.Saber coñecer aqueles lugares onde o intérprete pode afondar a súa prestación mediante o xesto, como é a música descritiva, os silencios, inicios e finais das obras, diversos aspectos rítmicos, etc.
3.Valorar o aspecto lúdico que moitas veces ten a música. Ampliar o coñecemento do repertorio musical e que gocen da súa audición.
Contidos:
1.A importancia da xestualidade.
2.O músico como actor.
3.O discurso musical e o xesto.
4.O conxunto camerístico.
5. A imitación instrumental no piano.
6.Música xestual.
Dirixido a:
- 594 - Profesores de música e artes escénicas (Ensinanzas de música)
Criterios de selección de participantes:
1. Profesorado de música e artes escénicas.
2. Profesorado interino que estea impartindo clases en conservatorios.
3. Profesorado substituto que estea impartindo clases en conservatorios.
Relator da actividade: Albert Nieto López.