Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/2015
Enviado por portalcafi a Mér, 18/06/2014 - 10:44Summary:
Xúntase a Resolución do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2014/15.
- O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño de 2014.
- O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de setembro de 2014.
Que son?
Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.
Destinatarios
Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.
Características
- Os plans estarán integrados por un ou dous itinerarios formativos, que atenderán a algunha das liñas de actuación propostas.
- Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario).
- As actividades deberán estar integradas e secuenciadas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
- Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
- Debe participar máis do 40% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.
Liñas de traballo
Os plans de formación tratarán, de xeito prioritario, a seguinte liña de actuación:
Programación, desenvolvemento e avaliación de competencias clave segundo os novos currículos.
Ademais, poderán tratar algunha das seguintes liñas:
- Planificación estratéxica das linguas no centro.
- Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
- Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
- Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias.
- Mellora do desempeño profesional docente e actualización científica e didáctica do profesorado.
- Mellora da xestión dos centros (con especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade.
- Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.
- Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos.
Máis información
a) As seguintes páxinas web
- Consellería: www.edu.xunta.es
- CAFI: www.edu.xunta.gal/portal/cafi (apartado FORMACIÓN)
- CFR: A Coruña www.edu.xunta.gal/portal/cfrcoruna. Ferrol: www.edu.xunta.gal/portal/cfrferrol. Lugo: www.edu.xunta.gal/portal/cfrlugo. Ourense: www.edu.xunta.gal/portal/cfrourense. Pontevedra: www.edu.xunta.gal/portal/cfrpontevedra. Vigo: www.edu.xunta.gal/portal/cfrvigo.
b) Os seguintes teléfonos
CAFI: 981522411.
CFR: A Coruña: 981274221. Ferrol: 981370541. Lugo: 982251068. Ourense: 988241533. Pontevedra: 986872888. Vigo: 986202370.
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa: 981546513
c) Os seguintes enderezos electrónicos
CAFI: cafi@edu.xunta.es
CFR: A Coruña: cfr.coruna@edu.xunta.es. Ferrol: cfr.ferrol@edu.xunta.es Lugo: cfr.lugo@edu.xunta.es. Ourense: cfr.ourense@edu.xunta.es. Pontevedra: cfr.pontevedra@edu.xunta.es. Vigo: cfr.vigo@edu.xunta.es.