S2101069 Elaboración de programacións docentes e unidades didácticas para as escolas de artes e superiores de deseño
Actividade eminentemente práctica na que aprenderás a elaborar programacións e unidades didácticas vinculadas ás escolas de artes superiores de deseño.
Obxectivos
1. Identificar as partes de que consta unha programación docente.
2. Deseñar e producir programacións que sirvan coma ferramentas reais de comunicación co alumnado e planificación do traballo nas aulas.
3. Deseñar unidades didácticas que reflictan axeitadamente o traballo nas aulas.
Contidos
1. Identificación e contextualización. Lexislación.
2. Programación docente: obxectivos. Organización contidos.
3. Avaliación. Avaliar e cualificar. Avaliación inicial. Criterios de avaliación. Criterios de cualificación. Procedementos de avaliación.
4. Mínimos esixibles. Metodoloxía. Actividades. Recursos.
HORARIO
- 01 de outubro de 16:30 a 20:00
- 15 de outubro de 16:30 a 20:00
- 22 de outubro de 16:30 a 20:00
- 29 de outubro de 16:30 a 20:00
- 05 de novembro de 16:30 a 19:30
- 12 de decembro de 16:30 a 19:30
RELATORA
- Elisa María González Penas
LUGAR
- CAFI (Santiago de Compostela