Gallego

Vídeo da conferencia de Brian North nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU

Summary: 

Conferencia de Brian North: "O MECR e os niveis C" impartida o 27 de setembro de 2013 nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU.
Gallego

Conferencia de Brian North: "O MECR e os niveis C" impartida o 27 de setembro de 2013 nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU. Este vídeo estará sempre dispoñible na sección da web CAFI TV.

 

video Brian North

S1301036. Bavardons! Édition 2014

Gallego

Data de celebración: 3º trimestre

Lugar de celebración: Santiago de Compostela, CAFI

Número de horas totais: 20 horas presenciais

Número de prazas: 25

Obxectivos:

  1. Desenvolver as estratexias didácticas para a mellora das catro destrezas comunicativas na lingua francesa do alumnado.

  2. Facilitar ao profesorado especialista a práctica do francés para a súa actualización.

  3. Coñecer e debater as novidades culturais e políticas provintes dos países francófonos.

Enlace a FPROFEhttps://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Son de poetas

Esta antoloxía da poesía galega musicada é un proxecto que xurdiu entre o Departamento de lingua galega e literatura e do Equipo de Dinamización e Normalización lingüística do IES David Buján de Cambre, A Coruña. Naceu no curso 2007-2008 e o seu obxectivo era achegar un poema musicado cada semana dese curso e, abofé, que están actualizando o blogue continuamente.
Nesta web pódense facer buscas por autor, por título dos poemas ou, simplemente por época. En moitos casos un mesmo poema presenta máis dunha interpretación musical, o que enriquece aínda máis esta ferramenta.
Tamén dá a posibilidade de subscribirse para recibir as novidades cada vez que se inclúa un novo poema nesa páxina.
Unha moi boa ferramenta para coñecer a poesía en lingua galega e a actividade creativa dos nosos «modernos trobadores».
A intención dos autores é aproximar o alumnado á poesía galega partindo dende a música. Trátase, daquela, dun material de aula ou para despois da aula.
Gallego
son de poetas

S1301035. As cancións e a imaxe en movemento na educación infantil e na educación primaria

Gallego

Data de celebración: 2º trimestre

Lugar de celebración: Santiago de Compostela, CAFI

Número de horas totais: 20 horas presenciais

Número de prazas: 20

Obxectivos:

  1. Dar a coñecer as diferentes posibilidades que ofertan a imaxe e as cancións para implementar a práctica docente.

  2. Compartir experiencias e recursos baseados na imaxe e no son para traballar a competencia lingüística no ámbito das linguas estranxeiras.

  3. Fomentar unha actitude favorable cara a un ensino plurilingüe e pluricultural.

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Contos interactivos

É un recurso gratuíto en rede, froito do traballo dunha editorial saída da Universidade de Barcelona. Nesta páxina poderedes atopar distintos contos orixinais ou versións alternativas a algún conto clásico con audio incorporado ademáis de texto e xogos interactivos ao longo do desenvolvemento da narración. Os contos son moi intuitivos para o seu manexo, pero, de for necesario, na páxina principal inclúese unha guía de uso “Cómo funciona”.

Gallego
contos interactivos

G1301063. Obradoiro básico de lectoescritura dixital

Gallego

Data de comezo: 2º trimestre

Lugar de celebración: En rede

Número de horas totais: 30 horas

Número de prazas: 50

Obxectivos:

  1. Coñecer as implicacións que proporciona o formato dixital aos procesos da comprensión lectora e da expresión escrita
  2. Explorar os eidos dixitais, ferramentas e recursos TIC de utilidade educativa
  3. Proporcionar ao profesorado o inicio dun itinerario formativo centrado nas TIC e no eido da comunicación

Enlace a FPROFEhttps://www.edu.xunta.gal/fprofe

Sección: 

Áreas-CAFI: 

PLATEGA. Formación en rede para o curso 2013/2014

Summary: 

Podedes consultar os cursos en rede que organizará o CAFI para o curso 2013/2014
Gallego

Despois da publicación do Plan Anual de Formación do Profesorado xa se coñecen os cursos en rede que se celebrarán para o seguinte curso a través da Plataforma Telemática Galega (PLATEGA). Co fin de facilitar a súa búsqueda podedes consultar esta ligazón:

platega 2014

G1301033. Lectura e comprensión. Formación de lectores competentes

Gallego

Data de comezo: 2º trimestre

Lugar de celebración: En rede

Número de horas totais: 30 horas

Número de prazas: 50

Obxectivos

  1. Reflexionar sobre os procesos mentais no decurso da lectura.
  2. Buscar destrezas para mellorar a comprensión lectora en todas as áreas.
  3. Analizar dificultades segundo o soporte, o xénero e tipo de texto, salientar a importancia dos coñecementos previos para a comprensión do texto.

Enlace a FPROFEhttps://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Xornadas e eventos autonómicos para o curso 2013/2014

Summary: 

Podedes consultar as xornadas e eventos autonómicos que organizará o CAFI para o curso 2013/2014
Gallego

Despois da publicación do Plan Anual de Formación do Profesorado xa se coñecen as xornadas e eventos autonómicos que se celebrarán para o seguinte curso. Co fin de facilitar a súa búsqueda podedes consultar esta ilustración ou consultar estas ligazóns:

Eventos e congresos 2013 2014
eventos20132014

G1301032. Aprender lingua e literatura utilizando as TIC.

Gallego

Data de comezo: 2º trimestre 

Lugar de celebración: En rede

Número de horas totais: 30

Número de prazas: 50

Obxectivos:

  1. Aproveitar os recursos que ofrecen as tecnoloxías da información e comunicación para o ensino e a aprendizaxe da lingua e literatura.
  2. Ofrecer ao profesorado de lingua vías para a incorporación das TIC ás súas propostas didácticas
  3. Achegarse a algunha das ferramentas de traballo colaborativo na rede: webquest, blogs, dicionarios, wiki, redes sociais, etc.

Enlace a FROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe

 

Sección: 

Áreas-CAFI: