Título node Learning object

Son de poetas
Xov, 27/06/2013 - 12:46
son de poetas
Esta antoloxía da poesía galega musicada é un proxecto que xurdiu entre o Departamento de lingua galega e literatura e do Equipo de Dinamización e Normalización lingüística do IES David Buján de Cambre, A Coruña. Naceu no curso 2007-2008 e o seu obxectivo era achegar un poema musicado cada semana dese curso e, abofé, que están actualizando o blogue continuamente.
Nesta web pódense facer buscas por autor, por título dos poemas ou, simplemente por época. En moitos casos un mesmo poema presenta máis dunha interpretación musical, o que enriquece aínda máis esta ferramenta.
Tamén dá a posibilidade de subscribirse para recibir as novidades cada vez que se inclúa un novo poema nesa páxina.
Unha moi boa ferramenta para coñecer a poesía en lingua galega e a actividade creativa dos nosos «modernos trobadores».
A intención dos autores é aproximar o alumnado á poesía galega partindo dende a música. Trátase, daquela, dun material de aula ou para despois da aula.