Gallego

G1802031 - Trinity College. GESE grados 7 a 9. Nivel B2

Summary: 

Certificación B2 Trinity GESE
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería dará a oportunidade de presentarse ao exame Trinity GESE B2 desenvolto polo Trinity College.

Referencia:  G1802031
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  22/10/2018  -  26/10/2018
Data límite de inscrición:  30/09/2018
Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
Prazas:  100

Certificación B2 Trinity GESE

Para máis información preme aquí.

Certificación B2 Trinity GESE
Certificación B2 Trinity GESE

G1702020 Xornada do Día das Letras Galegas. María Victoria Moreno

Summary: 

O Centro Autonómico de Formación e Innovación en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza a Xornada do Día das Letras Galegas que terá como protagonista a autora homenaxeada este ano pola RAG, María Victoria Moreno.
Gallego

As sesións formativas desenvolveranse o día 5 de maio en horario de mañá e tarde no Salón de Actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.

Na sesión de mañá, ademais da conferencia inaugural, que impartirán Xesús Alonso Montero e Xesús Rábade Paredes, haberá relatorios de Ánxela Gracián, Marilar Aleixandre, Xavier Senín e Ana Blanca Roig Rechou. A tarde estará destinada á presentación de experiencias dos centros educativos, entre elas as dos centros gañadores do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2018.

O obxectivo fundamental desta iniciativa é achegarlle a figura de María Victoria Moreno a toda comunidade educativa e, alén diso, propiciar no seu seo o intercambio de materiais, recursos e experiencias creados e desenvolvidos polos equipos de dinamización da lingua galega.

O profesorado interesado en participar pode inscribirse en: fprofe

Xornada Letras Galegas 2018
Xornada Letras Galegas 2018

S1701054 Claves para unha comunicación eficaz

Summary: 

Non é o que dixo senón como o dixo
Gallego
Se aplicaramos a proporción para lograr a perfección na comunicación, deberíase escoitar dúas veces e falar unha. E aínda que esta é unha boa práctica, trátase máis ben de esforzarnos en “comunicar”, de harmonizar o que pensamos, sentimos e dicimos antes de falar. Trátase de escoitar e non de oír ao outro, de comprender e non de interpretar o que dixo. Pódese practicar escoitar, escribir, ler ben e deste xeito, coidar a nosa conexión co mundo. E na organización, evitar os subentendidos, sobreentendidos ou malos entendidos. Non todas nin todos somos excelentes comunicadores, pero con certos puntos claves e co interese que lle poñamos ás situacións de comunicación podemos adestrar ata lograr unha comunicación efectiva, ou o que é o mesmo que logre o propósito de transmitir ou recibir a mensaxe “orixinal”.
 
Referencia: S1701054
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 12/04/2018  -  31/05/2018
Data límite de inscrición: 29/03/2018
Lugar: Santiago de Compostela (Biblioteca e Aula 9 do CAFI)
Prazas:  25
Horas:  20
 

Datas                 Horario             Aulas         Relator
12 - 04 - 2018    18:00 - 21:00    Biblioteca    Pablo García Ferradás
19 - 04 - 2018    18:00 - 21:00    Aula 9         Pablo García Ferradás
26 - 04 - 2018    18:00 - 20:00    Aula 9         Pablo García Ferradás
03 - 05 - 2018    18:00 - 21:00    Aula 9         Santiago Martínez Suárez
10 - 05 - 2108    18:00 - 21:00    Aula 9         Santiago Martínez Suárez
24 - 05 - 2018    18:00 - 21:00    Aula 9         Santiago Martínez Suárez
31 - 05 - 2018    18:00 - 21:00    Aula 9         Santiago Martínez Suárez

Para máis información, preme aquí.

Claves para unha comunicación eficaz
Claves para unha comunicación eficaz

G1702023 - Prevención de infeccións de transmisión sexual na adolescencia. Plan Proxecta

Summary: 

Como poden os adolescentes previr as enfermidades de transmisión sexual?
Gallego

As ETS contáxianse por contacto sexual -como o sexo oral, anal e vaxinal. As ETS son algo común e xeralmente non presentan síntomas. Existen formas de previr e tratar as ETS. As persoas novas teñen unha probabilidade maior de contraer unha ETS que calquera outro grupo. Algunhas das ETS máis comúns poden ser curadas con antibióticos, e non son perigosas se se tratan de inmediato. Pero outras poden causar graves problemas de saúde, especialmente sen tratamento.

Título:

Prevención de infeccións de transmisión sexual na adolescencia. Plan Proxecta

Forma de participación:

Mixta

Modalidade:

Curso

Competencias profesionais:

Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Programación, seguimento e avaliación.

Interlocutor/a e referente (forma de ser e relacionarse cos demais) - Habilidades persoais, sociais e relacionais. Estratexias de mellora.

Referencia: G1702023
Centro de formación e recursos: CAFI
Lugar: CAFI
Prazas:  25

Horas totais

  • Horas presenciais: 12

Corpos e especialidades

Todos os corpos

Criterios de selección:

Os criterios xerais do plan anual de formación. 

Obxectivos

1.Coñecer conceptos básicos de saúde pública: transmisión sexual, anticoncepción, sexualidade e orientación sexual...

2.Coñecer os recursos e as ferramentas dispoñibles para desenvolver o programa.

Contidos

1.Definición das infeccións de transmisión sexual, signos e síntomas, complicacións e epidemioloxía.

2.Definición da infección polo VIH e a sida, vías de transmisión, historia natural da infección, concepto da proba VIH, onde se fai e breve epidemioloxía do VIH en Galicia.

3.Definición das prácticas sexuais de risco, probabilidades de transmisión, factores de risco, factores de protección e métodos de prevención.

4.Igualdade nas relacións afectivo-sexuais.

5.Sexualidade e orientación sexual.

6.Servizos dos Centros Quérote+

7.Embarazos non desexados e anticoncepción.

8.Prevención de trastornos aditivos.

9.Vivencias dunha persoa afectada en relación ao estigma e discriminación.

Asesor responsable da actividade:

María Teresa de J. Rey Rey

Enderezo electrónico:  maite.rey@edu.xunta.es

Para máis información preme aquí.

ETS
ETS

S1701067 Obradoiro práctico de creatividade

Summary: 

A creatividade é contaxiosa. Pásaa
Gallego

Título:

Obradoiro práctico de creatividade

Forma de participación:

Presencial

Modalidade:

Curso

Competencias profesionais:

Investigador/a e innovador/a - Realización e execución de propostas.

Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Programación, seguimento e avaliación.

Referencia: S1701067
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  23/02/2018  -  23/03/2018
Data límite de inscrición: 04/02/2018
Lugar: CAFI
Prazas:  25

Horas totais

  • Horas presenciais: 18
  • Horas no presenciais: 6
Corpos e especialidades:

Todos os corpos

Criterios de selección:

Os criterios xerais do plan anual de formación. 

Obxectivos

1.Aplicar as aportacións da Neurociencia á creatividade.

2.Xerar ideas creativas e proxectos innovadores evitando o bloqueo e os procedementos repetitivos nas aprendizaxes.

3.Desenvolver o potencial creativo das persoas (profesorado e alumnado) e a súa aplicación.

Contidos

1.Creatividade como capacidade do cerebro para chegar a conclusións novas e resolver problemas como fonte de acción e innovación.

2.Achegas da Neurociencia á creatividade.

3.Habilidades das persoas creativas.

4.Programas e técnicas de estimulación do pensamento creativo para integrar no currículo.

Asesor responsable da actividade:

Laura Mª Mosquera Escudero

Enderezo electrónico:  cafi.equipos.directivos1@edu.xunta.es

Para máis información preme aquí.

 

S1701067 Obradoiro práctico de creatividade

G1702001 - Xornadas de Lingua e Literatura. Curso 2017-2018

Summary: 

Xornadas de Lingua e Literatura. Curso 2017-2018
Gallego

As Xornadas de Lingua e Literatura. Curso 2017-2018 teñen este ano como centro de interese "ler e escribir na era audiovisual".

O mesmo que a era Gutemberg transformou radicalmente o xeito de producir e comercializar os libros, a era dixital está a renovar a forma en que lemos e escribimos no século XXI. Se case todos admitimos xa que Internet cambiou a maneira na que nos comunicamos e relacionamos entre nós, de verdade podemos pensar que a lectura e a escritura van permanecer inmunes a esta transformación social?

Nestas xornadas imos abordar de xeito teórico pero, sobre todo, práctico como os nosos centros están a traballar este campo.

Programa:

09:30 - 10:00 - Recepción de participación e entrega de documentación

10:00 - 10:15 - Inauguración

10:15 - 11:15 - Conferencia inaugural: Ler e escribir na era dixital por Francisco CASTRO VELOSO - director da Editorial Galaxia

11:15 - 11:45 - Pausa café

11:45 - 13:15 - Conferencia plenaria: Ler e escribir en Secundaria na era audiovisual: un reto, unha oportunidade por Alberto GARCÍA PÉREZ - IES Santa Cristina de Lena (Pola de Lena)

13:15 - 14:00 - Intercambio de experiencias - boas prácticas:  Equipos de investigación literaria por Rosa María FERNÁNDEZ CALVO - IES Pino Manso (O Porriño)

16:00 - 16:55 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Tres formas de achegarse á lectura e escritura na Rede por Pilar PONTE PATIÑO - IES da Pobra do Caramiñal (A Pobra do Caramiñal)

16:55 - 17:50 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Obras son amores por Felisa REDONDO VALÍN - IES Ánxel Fole (Lugo)

17:50 - 18:05 - Pausa

18:05 - 18:55 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Illa Fantasía: a escola do unicornio por Esperanza Arias Ferreiro - CEIP Sada y sus contornos (Sada) Lydia Seijo Martínez - CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume) María Bermúdez Parapar - CEIP Sofía Casanova (Culleredo)

18:55 - 19:45 - Intercambio de experiencias - boas prácticas: Historias transmedia e creacións fanfiction por Xosé Manuel DOPAZO MELLA - IES Maruxa Mallo (Ordes)

19:45 - 20:00 - Clausura

Preme aquí para obter máis información en fprofe.

Xornadas de lingua e literatura 2017-18
Xornadas de lingua e literatura 2017-18

G1703017 - Martín Codax: o son das ondas. Roteiro literario

Summary: 

A nosa historia literaria comezou co vaivén das ondas da ría de Vigo, que inspiraron o noso trobador medieval Martin Codax para compor as súas fermosas cantigas.
Foi o azar o que quixo que, sete séculos despois da súa composición, en 1914, un libreiro chamado Pedro Vindel atopase os seus versos nun pergamiño que facía de forro dun exemplar do De Officiis de Cicerón.
Gallego

Con esta actividade, da man do profesor Henrique Monteagudo, queremos percorrer os espazos literarios e vitais dos trobadores do Mar de Vigo.

Iniciaremos o percorrido xunto ao sartego de Pai Gómez Chariño na igrexa/convento de San Francisco e, na capital do Lérez, visitaremos o que foi o Pazo do almirante. A segunda parada será a Illa de San Simón da man de Mendiño. De aí, como terceiro punto, nos achegaremos á Illa do Santo do Mar ou de San Clemente onde rememoraremos, na ermida, as cantigas de Nuno Treez. A cuarta parada será a Capela de San Amedio de Bon, en Beluso, onde Johan de Cangas era o seu cantor primordial. Como quinta parada teremos a Igrexa de Santa María de Castrelos identificada con Johan Soarez Somesso. Remataremos no Museo do Mar de Galicia con Martin Codax e o Pergamiño Videl.

O código da actividade en fprofe é: G1703017

Data: 11 de novembro de 2017

Consulta do programa da actividade: enlace

Roteiro literario: Martin Codax
Roteiro literario: Martin Codax

G1703011 - Roteiro literario Miguel Hernández en Orihuela

Summary: 

O roteiro percorre os recantos oriolanos máis relacionados con Miguel Hernández
Gallego

O Roteiro Hernandiana é un percorrido polos recantos de Orihuela relacionados coa vida e coa obra do poeta.

Data: 02-12-2017

Lugar: Orihuela

Relator: Aitor Luis Larrabide Achuátegui (Director da Fundación Miguel Hernández)

Os lugares da vida de Miguel Hernádndez en Orihuela estarán marcados por dúas etapas:

Primeira etapa

Nesta primeira etapa descubriremos os lugares que marcaron a vida do poeta en Orihuela.

  • "Rincón" Hernandiano: formado na zona existente entre o Centro de Estudios Hernandianos, a Casa Museo e a Sala de Exposicións.
  • Casa Museo Miguel Hernández: lugar no que viviu o poeta.
  • Centro de Estudos Hernandianos
  • Colexio de Santo Domingo
  • Casa do Cóengo don Luis Almarcha
  • Casa natal do poeta
  • Praza do Marqués de Rafal
  • Casa de Ramón Sijé...

Segunda etapa

Lugares que marcaron a vida de Miguel Hernández como:

  • Casa del Paso (Museo da Muralla)
  • Seminario Diocesano de San Miguel
  • Casino Orcelitano
  • Pinturas do Río
  • Sepultura de Ramón Sijé....

Máis información neste enlace.

Roteiro Miguel Hernández
Roteiro Miguel Hernández

G1702017 - Ensinar alemán con éxito con CLIL. Conceptos, métodos e materiais

Summary: 

Erfolgreiches Deutschlernen mit CLIL: Konzepte, Methoden, Materialien
Gallego

A sigla CLIL (Content and Language Integrated Learning, en galego AICLE) representa a aprendizaxe integrada de contidos de determinadas materias curriculares e unha lingua estranxeira. Estas materias non lingüísticas poden ser as ciencias naturais, ciencias sociais e humanidades, música ou educación física.

Na primeira parte do curso imos coñecer as tendencias recentes sobre o tema CLIL na investigación de linguas estranxeiras e imos analizar posibilidades para poñer en práctica a metodoloxía CLIL en Galicia. Xa existen moitas experiencias en centros de varias comunidades autónomas que tamén teremos en conta.

Na segunda parte do curso, imos experimentar xuntos con diversos materiais e suxestións para o fomento lingüístico nas materias non lingüísticas. Tamén nos centraremos nas preguntas sobre onde poder encontrar material concreto e apropiado para CLIL e de que maneira se pode usar na clase

O curso será impartido en alemán e diríxese a profesores de todas as materias non lingüísticas e tamén a profesores de alemán que se poderán beneficiar igualmente das técnicas de ensino. Convidamos a todos os profesores de primaria e secundaria que se interesan polo tema do ensino bilingüe ou por proxectos bilingües curtos.

Relatores: Virginia Gil (Editorial Klett) e Karsten Wiemann (Goethe-Institut Madrid)

Premendo no seguinte enlace terás máis información sobre a actividade en fprofe.

alemán CLIL
alemán CLIL

S1702023 - Xornada Domingo Fontán e Otero Pedrayo, dúas vidas ao servizo de Galicia

Summary: 

Xornada presencial para abordar as figuras de Domingo Fontán e Ramón Otero Pedrayo
Gallego

A Fundación Otero Pedrayo e o Servizo de Formación do profesorado queremos participarvos da organización das xornadas nas que baixo o título de Domingo Fontán e Otero Pedrayo, dúas vídas ao servizo de Galicia homenaxearemos ao polifacético ilustrado con motivo do 151 aniversario da súa morte e o 200 do comenzo da elaboración da Carta Xeométrica de Galicia, o primeiro mapa moderno feito na península, e a Otero Pedrayo, grandísimo amador da figura de Fontán.

O programa, que xulgamos pode ser do voso interese polos especialistas que participan e polo interesante dos temas, é o seguinte:

20 venres de outubro SESIÓN EN TRASALBA
- 16:30 - 17:00: Recollida de documentación.

- 17:00 - 17:30: Inauguración e presentación por autoridades e presidentes da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Domingo Fontán.

- 17:30 - 18:45: A vida de Domingo Fontán e a Fundación do seu nome, César Camargo Sánchez, vicepresidente da Fundación Domingo Fontán.

- 18:45 - 19:45: A parroquia galega a partir da Carta Geométrica de Galicia, Mª Carmen Álvarez Monterroso, doutora en Xeografía e especialista no Mapa de Fontán.

- 19:45 - 20:30: A correspondencia entre Otero Pedrayo e a familia de Fontán, Pablo Sánchez Ferro, director do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e Arquiveiro da Fundación Otero Pedrayo.

Mañá do sábado 21 de outubro LICEO DE OURENSE
- 10:30 - 11:30: A realización material do Mapa de Fontán e Ourense, Afonso Vázquez-Monxardín, catedrático de Literatura Galega no IES As Lagoas e Secretario da Fundación Otero Pedrayo.

- 11:30 - 12:30: O matemático Rodríguez e Domingo Fontán na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, por Elena Vázquez Cendón, profesora de Matemática Aplicada e Decana da Facultade de Matamáticas da USC.

- 12:30 - 12:45: Pausa café

- 12:45 - 13:45: O Fontán en Otero Pedrayo, por X. Manuel Salgado, profesor doutor de Literatura Galega na USC.

Ten máis información do curso en Fprofe premendo na seguinte ligazón.

Agardando sexa do voso interese,

Recibide un cordial saúdo oteriano,

Domingo Fontán e Otero Pedrayo
Domingo Fontán e Otero Pedrayo