Gallego

Proba de nivel

Summary: 

Probas de nivel para acceder aos cursos CALC
Como saber o teu nivel lingüístico
Gallego

As probas de nivel para participar nos cursos CALC están pensadas para o alumnado que se quere matricular nalgún dos cursos que se ofertan en colaboración coa EOI e, tendo coñecementos previos, carece da titulación necesaria. A proba de nivel non certifica o nivel de competencia do alumnado, senón que, simplemente, diagnostica o seu nivel de acceso e permítelle matricularse nun curso máis adiantado. A proba de nivel tampouco outorga automaticamente unha praza, hai que se apuntar no curso e aplicaranse os criterios publicados no Plan anual de formación do profesorado.

 

A data de realización será o vindeiro mércores 25 de setembro de 2019 ás 17:00h.

 

Os códigos das probas de nivel que se realizan no CAFI e CFR son os seguintes:

- CAFI - S1902019

- CFR da Coruña - C1902015

- CFR de Ferrol - F1902014

- CFR de Lugo - L1902014

- CFR de Ourense - O1902012

- CFR de Pontevedra - P1902018

- CFR de Vigo - V1902021

Probas de nivel para participar nos cursos CALC
Probas de nivel para participar nos cursos CALC

S1903007 - Ludificación da lectura e da escritura

Summary: 

Escritura creativa
Gallego

Escritura creativa, dinamización da lectura e creación de materiais educativos:

  • Título: Ludificación da lectura e da escritura
  • Código en fprofe: S1903007
  • Relatora: Alicia Romero López
  • Lugar: CAFI, Santiago de Compostela
  • Data: 3 - 10 - 17 - 24 de outubro de 2019, de 18:00 a 20:00h excepto o último día que é de 17:00 a 20:00h
Ludificación
Ludificación da lectura e da escritura

S1901050 - Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Prevención e coidado da voz dos docentes
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

 

Coidado da voz
Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

G1903002 - Apprendimento basato su progetto

Summary: 

Novo curso de lingua italiana
Gallego

Nesta nova activiade abordaremos como traballar a lingua italiana a través dos proxectos.

 

  • Título: Apprendimento basato su progetto
  • Código en fprofe: G1903002
  • Relatora: Mónica Sandra Lista Rodríguez
  • Lugar: CAFI, Santiago de Compostela
  • Data: Sábado 9 de novembro de 2019, de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
Curso de italiano
Apprendimento basato su progetto

G1903004 - O portugués a través da literatura

Summary: 

Curso de fomento da lingua portuguesa a través do estudo de textos literarios
Gallego

Nesta activiade impartida por Ana Isabel Gravata Rodrigues Silva Ramos, pescudaremos outros xeitos de abordar a lingua e a literatura portuguesas.

 

  • Título: O portugués a través da literatura
  • Código en fprofe: G1903004
  • Relatora: Ana Isabel Gravata Rodrigues Silva Ramos, lectora da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
  • Lugar: CAFI, Santiago de Compostela
  • Data: Sábado 9 de novembro de 2019, de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
Curso de portugués
O portugués a través da literatura

G1903003 - Erfolgreiches Lesen und Sprechen auf Deutsch

Summary: 

Ler e falar con éxito en alemán
Gallego

Inhalt:

  • In diesem Workshop werden verschiedene Lesemodelle analysiert und praktisch ausprobiert, die vor allem die Kooperation und Sprachmittlung fördern sollen.
  • Dabei werden die Grundlagen für eine flüssige mündliche Produktion geschaffen.
  • Es werden die entsprechenden Hilfsmittel und Techniken bereitgestellt und ausprobiert.

 

Ziele:

  • Erarbeitung verschiedener Lesetechniken unter Berücksichtigung der sprachlichen und kulturellen Sprachmittlung.
  • Die Lesetechniken sollen auf einen flüssigen Sprachgebrauch vorbereiten und die Kooperation fördern.

 

Curso de alemán
Erfolgreiches Lesen und Sprechen auf Deutsch

Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)

Summary: 

CURSO 2019 - 2020 - Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)
Gallego

Os Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC), están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.

Os CALC organízaos a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, ofértanse a través do CAFI e dos Centros de Formación e Recursos e son impartidos por profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas. Estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado, ao longo de todo o curso para a superación das probas de certificación das EEOOII, en inglés. As persoas asistentes recibirán un certificado polas 120 horas de formación recibidas, pero non a a acreditación de nivel lingüístico, para iso deben superar as probas oportunas.

Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, de acreditación de idiomas. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel no mes de setembro no CAFI ou CFR correspondente, para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe.

Os cursos CALC que se desenvolven na área do CAFI son os seguintes:

- Zona de Ribeira

          - S1901083 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (mércores e xoves de 16:00 a 18:00h)

- Zona de Santiago de Compostela

          - S1901079 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel B2

                            (luns e xoves de 18:00 a 20:00h)

          - S1901080 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (mércores e venres de 16:30 a 18:30h)

          - S1901081 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (martes de 18:40 a 20:40  e xoves de 18:30 a 20:30h)

Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)

S1901059 - Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos

Summary: 

O 2 de marzo dará comezo a actividade formativa "Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos".
Gallego

O curso, impartido por varios membros do grupo Iacobus (grupo de investigación en Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela) e diversos representantes dos museos desta cidade. Ten como obxectivo achegarlle ao profesorado as posibilidades e recursos didácticos existentes nos diferentes museos, así como os do patrimonio histórico-artístico de Compostela.

Como relatores figuran destacados investigadores no eido da Historia da arte como José Manuel García Iglesias (Catedrático da USC), Juan Monterroso Montero (Decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC), Leopoldo Fernández Gasalla (IES Rosalía de Castro, Santiago), Begoña Fernández Rodríguez (Profesora da USC), Rosa Cacheda Barreiro (Profesora da USC), así como o docente e investigador en bioloxía Carlos Rodríguez Dacal (IES Antón Fraguas, Santiago). Participan, así mesmo, representantes de varios museos da cidade como Eduardo López Valiña (Conservador Xefe do Museo da Fundación Eugenio Granell), Esperanza Gigirey Liste (Técnica da área de Difusión e Comunicación do Museo das Peregrinacións e de Santiago), Rori Suárez Barreto (Director do Museo de Terra Santa), Ramón Yzquierdo Peiró (Director técnico do Museo da Catedral de Santiago).

A actividade inclúe varias visitas guiadas: ao Museo da Fundación Eugenio Granell, ao Museo de Historia Natural da USC, ao Museo das Peregrinacións e de Santiago, ao Paraninfo da Universidade de Santiago, ao Museo de Terra Santa e ao Museo da Catedral de Santiago. Realízanse, igualmente, varios roteiros pola cidade, entre eles San Martiño Pinario, a Zona Vella e a Alameda, co fin de explorar as súas posibilidades didácticas.

 

S1901059 - Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos

G1903009 - Roteiro polos espazos vitais de Alfredo Conde

Summary: 

Roteiro polos espazos vitais de Alfredo Conde
Gallego

O CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) vai organizar un roteiro literario coa figura do escritor Alfredo Conde Cid en Allariz. Á parte de contar coa participación do propio autor,  colaborarán na organización e realización do roteiro como relatores os/as seguintes compañeiros/as: María Sánchez Cid, Xián Bobillo Bermejo, María Garrido Rodríguez, Xulio Pérez Pereiras, Susana Moure Fraga, Olga Quintana Devesa, Abraham Herrero Menor, Juan Seara Ferro, Xabier Álvarez Cid, María Fernández da Costa, Eva Méndez Fernández, María Belén Barril Gamonal, Abraham Vila Álvarez, Carmen Pérez González, Dolores Cid Cid e Manuel Gallego.

 

Percorreremos os principais espazos polos que se desenvolve a vida e a obra de Alfredo Conde en Allariz. Pola mañá desenvolverase no núcleo histórico da vila de Allariz (casa natal, casino, igrexa de San Bieito, Barreira, Mosteiro de Santa Clara, Socastelo, castelo, cárcere, xulgado, casa dos devanceiros, praza maior, Fundación Vicente Risco, cemiterio, ponte de Vilanova, Alameda...); pola tarde desprazarémonos á aldea do Mato e a Santa Mariña de Augas Santas, onde remataremos a actividade. A distancia total roldará os 4 km de percorrido.

 

G1903009 - Roteiro polos espazos vitais de Alfredo Conde

File: 

Probas DELF e DALF. Alianza francesa. Niveis B2 e C1

Summary: 

Exames oficiais DELF e DALF
Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.

O DELFDiplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française,  son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.

Avalía as competencias comunicativas en  todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:

  • Comprensión oral
  • Comprensión escrita
  • Produción oral
  • Produción escrita

Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:

 

DELF. Alianza francesa. Nivel B2

 

- Código en fprofe: G1802071

  • Exame escrito: 7 de xuño de 2019, horario, de 09:30 a 13:00h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será no CIFP Compostela (en Santiago de Compostela).

  • Exame oral: o profesorado será convocado un día entre o 27 de maio e o 21 de xuño de 2019 nas Alianzas Francesas correspondentes. A duración do exame será de, aproximadamente, 30 minutos.

  • Data límite de inscrición: 12/04/2019

  • Prazas: 53

Para máis información: DELF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

 

DALF. Alianza francesa. Nivel C1

 

- Código en fprofe: G1802072

  • Exame escrito: 4 de xuño de 2019, horario, de 09:30 a 13:00h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será no CIFP Compostela (en Santiago de Compostela).

  • Exame oral: o profesorado será convocado un día entre o 27 de maio e o 21 de xuño de 2019 nas Alianzas Francesas correspondentes. A duración do exame será de, aproximadamente, 30 minutos.

  • Data límite de inscrición: 12/04/2019

  • Prazas: 25

Para máis información: DALF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

Probas DALF - DELF
Exames oficias das probas DALF e DELF