Gallego

G1802003 - Chiavi per le corsi d'italiano nel secolo XXI

Summary: 

Elementi chiave nei corsi di italiano L2 del XXI secolo
Tradizione e innovazione: laboratorio e condivisione di buone pratiche
Gallego

O vindeiro 16 de febreiro desenvolveremos no CAFI o curso  Chiavi per le corsi d'italiano nel secolo XXI (Elementi chiave nei corsi di italiano L2 del XXI secolo. Tradizione e innovazione: laboratorio e condivisione di buone pratiche) para o profesorado de italiano.

Referencia en fprofe: G1802003

Data de realización:  sábado 16 de febreiro de 2019

Data límite de inscrición: 01 de febreiro de 2019

Lugar de celebración: aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela

Prazas:  25

Duración: 8 horas presenciais

Relatores: María Cristina González Piñeiro e Luis Antonio Xuncal Pereiro (EOI de Santiago de Compostela)

Enlace a fprofe: preme

 

Nesta actividade desenvolveremos os seguintes temas de traballo:

- A didáctica lúdica.

- A mediación.

- As novas tecoloxías.

- A avaliación formativa.

Elementi chiave nei corsi di italiano L2 del XXI secolo
Elementi chiave nei corsi di italiano L2 del XXI secolo

G1802066 - Grammatik einfach erklären und verstehen mit Sprachtypologie

Summary: 

Grammatik einfach erklären und verstehen mit Sprachtypologie
Gramática máis fácil coa perspectiva da tipoloxía lingüística
Gallego

O vindeiro 19 de xaneiro desenvolveremos no CAFI o curso Grammatik einfach erklären und verstehen mit Sprachtypologie para o profesorado de alemán. Esta actividade está organizada en colaboración coa Asociación de Xermanistas.

Referencia en fprofe: G1802066

Data de realización:  sábado 19 de xaneiro de 2019

Data límite de inscrición: 08 de xaneiro de 2019

Lugar de celebración: aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela

Prazas:  25

Duración: 6 horas presenciais + 2 horas non presenciais

Relatora: Roswitha Althoff (EOI VIgo)

Enlace a fprofe: preme

 

Obxectivos

1. Ensinar a expresión típica alemá para acercar a estrutura da lingua alemá ao alumnado da forma máis axeitada.

2. Ensinar a orde dos elementos na oración dunha maneira holística e cunha estrutura común, non coma un número de regras sen conexión entre si.

3. Ensinar a expresión gramatical e pronuncia desde o punto de vista da utilidade comunicativa e non suxeitas a esquemas de análise lingüística.

Contidos

1. Ensino da expresión do gusto de forma máis asequible e a expresión do desprazamento de forma máis axeitada.

2. A traslación de verbos casteláns ou galegos a adverbios alemáns.

3. Ensino dos relatores lóxicos, o perfecto, a declinación do adxectivo, as oracións relativas, os verbos que rexen preposicións...

Grammatik einfach erklären und verstehen mit Sprachtypologie
Grammatik einfach erklären und verstehen mit Sprachtypologie

G1802065 - Xornada de formación dos EDLG. Sumando espazos, espallando lingua

Summary: 

Sumando espazos, espallando lingua
Gallego

Xornada de formación dos EDLG. Sumando espazos, espallando lingua

26 de xaneiro de 2019

Salón de actos do Pazo de San Roque

(Rúa de San Roque, 2 - 15704 - Santiago de Compostela)

Ligazón a fprofe: preme

 

Programa

Sesión de mañá - 26 de xaneiro de 2019

09:30 h - 10:00 h - Recollida de documentación

10:00 h - 10:15 h - Presentación e inauguración da xornadas.

Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística

Elvira María Casal García, subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística

Sabela Gil Gil, coordinadora central dos EDLG

10:15 h - 11:00 h - Toponimízate e a dinamización da lingua - Vicente Feijoo Ares - Seminario de Onomástica da Real Academia Galega

11:00 h - 11:40 h - A oralidade nos camiños do vento - Manuel Maseda Deán  (IES Maximino Romero de Lema, de Baio)

11:40 h - 12:00 h - A dinamización do galego a través dos proxectos eTwinning - Marcos Vence Ruibal (IES San Clemente, de Santiago de Compostela)

12:00 h - 12:20 h - Pausa

12:20 h - 12:40 h - Cholo e Nela: a dinamización desde a educación infantil á contorna - Ignacio Hermida González e Carlos Luís Rodríguez Calvente (CEIP Plurilingüe  Julio Gurriarán Canalejas, do Barco de Valdeorras)

12:40 h - 13:00 h - Construíndo a comunicación na infancia desde un laboratorio audiovisual - Ana Isabel Pérez Tomé (CEIP do Carballal, de Marín)

13:00 h - 14:00 h - Visita guiada á exposición Alba de Gloria no Panteón de Galegos Ilustres

 

Sesión de tarde - 26 de xaneiro de 2019

16:00 h - 16:30 h - A lingua e a gamificación - Ana María Fernández Moreiras (IES A Cachada, de Boiro)

16:30 h - 16:50 h - Está ben ser diferentes - Verónica Fernández Vázquez (CEIP de Cervo)

16:50 h - 17:45 h - Applícate o conto e Misterio no cole de Cea - Martiño Ramos Soto e Francisco Manuel Paradelo Rodríguez (CPI Virxe da Saleta, de Cea) -  (CIFP A Carballeira - Marcos Valcárcel, de Ourense)

        CuntiStar, normalización e dinamización máis alá das aulas - Natividad J. Diéguez Pardo e Javier Carballo Vales (CPI Aurelio Marcelino Rey García, de Cuntis)

17:45 h - 18:15 h - Pausa

18:15 h - 18:45 h - Os medios de comunicación e a promoción da lingua: Informadeiro e roteiros virtuais - Serxio Rosales López (CEIP de Viñagrande-Deiro, de Vilanova de Arousa)

18:45 h - 19:15 h - A lingua delas, a nosa lingua: un proxecto de innovación en dinamización da lingua por Lidia Fernández Pastoriza e Avelino Turnes García (IES Aquis Celenis, de Caldas de Reis)

19:15 h - 20:00 h - aRi[t]mar ou a divulgación da lingua no ámbito da lusofonía - A. Gonzalo Constenla Bergueiro (EOI de Santiago de Compostela).

                                Actuación de Lois Pérez

20:00 h - 20:10 h - Clausura

 

 

 

 

 

 

Xornadas EDLG
Xornadas EDLG

Trinity College. GESE grados 7 a 9. Nivel B2

Summary: 

G1802037 - Trinity College. GESE grados 7 a 9. Nivel B2
Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Trinity College.

 

Trinity College. GESE grados 7 a 9. Nivel B2

- Código en fprofe: G1802037

- Ligazón a fprofe

- Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 25-30 minutos que se desenvolverá entre o 06/05/2019 e o 10/05/2019. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de 30 m.

- Data límite de inscrición: 20/03/2018

- Lugar de celebración: Aulas 12 e 13 do CAFI en Santiago de Compostela

- Número de prazas: 100

Trinity
Trinity

S1801024 A oratoria nas aulas

Summary: 

A oratoria, elemento clave nas aulas
Gallego

Esta actividade está enfocada de xeito fundamentalmente práctico para poder implementala directamente nas aulas co alumnado.

 

A oratoria nas aulas

Referencia: S1801024

Centro de formación e recursos: CAFI

Temporalización:  16/01/2019 a 21/02/2019

- Mércores 16/01/2019 de 18:00 a 21:00h

- Mércores 23/01/2019 de 18:00 a 21:00h

- Mércores 30/01/2019 de 17:00 a 21:00h

- Xoves 07/02/2019 de 18:00 a 21:00h

- Xoves 14/02/2019 de 18:00 a 21:00h

- Xoves 21/02/2019 de 17:00 a 21:00h

Lugar: Aula 9 do CAFI (Santiago de Compostela)

Para máis información: ORATORIA

Enlace á Aula virtual do curso

Relatores: José Manuel Dopazo Mella e Santiago Martínez Suárez

José Manuel Dopazo Mella

Licenciado en Filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é profesor de Lingua Castelá e Literatura e director do IES Maruxa Mallo (Ordes - A Coruña).
Desde os seus comezos como docente estivo implicado en diversas actividades vinculadas coa educación. Deste xeito participou en diversas mesas de debate e conferencias sobre as "Competencias e habilidades para o éxito", recibiu varios premios polo emprego de experiencias didácticas innovadores dos profesores Prensa-Escola e desde o curso 2010 colabora coa rede de formación con temas como "A metodoloxía de proxectos nas clases de lingua", "Necesitamos presentacións creativas", "Ensinar linguas. A comunicacion oral", "Experiencia á fronte da dirección_IES Plurillingüe Maruxa Mallo”, “Escrita académica. Escrita de textos expositivos Escrita ligada á lectura creativa.Escrita na 2.0”, “Programación e avaliación das Competencias básicas”, “Propostas didácticas para o traballo da oralidade na aula”, “Falar, escoitar, ler e escribir en todas as áreas”, “Intelixencia emocional”, “A competencia en comunicación lingüística en proxectos de comunicación”, “A competencia mediática”, “Selección de ideas propostas para o traballo da oralidade na aula”, “Creando”, “Presentacións eficaces”, “O programa ECO-FA-SE no IES Maruxa Mallo”, “Obradoiro de oratoria”, “Obradoiro de oralidade e lectura: as videocríticas”, “A competencia en comunicación lingüística en proxectos de comunicación”, “Aprender a través de proxectos”…

 

Santiago Martínez Suárez

Licenciado en Dereito e graduado na Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Ccompostela. Durante a etapa universitaria representou a esta en diferentes torneos nacionais e internacionais proclamándose subcampión nacional de debate e oratoria en 2005 como orador; campión nacional en 2007 e 2008, e subcampión internacional de debate e discurso político en 2012 en calidade de capitán e adestrador.
Deseñou e dirixiu actividades de debate como a Liga Galega de Debate, o primeiro torneo escolar de debate de España;  o Fórum Cicerón, “Búscase talento”, actividade de mobilización de estudantes las tres Universidades galegas para recruiting universitario a empresas.
Cursou e graduouse en el Máster en Márketing, Comunicación e Estratexia política do Instituto de Ciencias Políticas e Sociais da USC.
Actualmente asesora e adestra en calidade de consultor político e media trainer a deputados autonómicos, congresistas e senadores, parlamentarios europeos, e candidatos presidenciais de Latinoamérica.
Impartiu clases nos máster máis prestixiosos de España: Universidad Camilo José Cela, Universidad Pontificia de Salamanca, Universidade de Vigo e no estranxeiro, Universidad Francisco Gavidia (San salvador), Universidad Nacional de Cuyo (San Juan, Argentina) e na ESAN School of Business (Lima, Perú).
Actualmente é socio cofundador da primeira escola exclusiva de oratoria de España, Eloqüencia, na que se imparten clases de modo profesional para mozos, universitarios e profesionais que necesitan comunicar.

 

Oratoria
A oratoria nas aulas

Probas DELF e DALF. Alianza francesa. Niveis B2 e C1

Summary: 

Exames oficiais DELF e DALF
Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.

O DELFDiplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française,  son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.

Avalía as competencias comunicativas en  todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:

  • Comprensión oral
  • Comprensión escrita
  • Produción oral
  • Produción escrita

Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:

 

  • G1802052 - DELF. Alianza francesa. Nivel B2.

  • Exame oral: o profesorado será convocado un día entre o 1 e o 23 de febreiro de 2019. A duración do exame será de, aproximadamente, 15 minutos. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será no CAFI (en Santiago de Compostela).

  • Exame escrito: 6 de febreiro de 2019, horario, de 09:30 a 12:00h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (en Santiago de Compostela).

  • Data límite de inscrición: 02/01/2019

  • Prazas: 50

    Para máis información: DELF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

 

  • G1802053 - DALF. Alianza francesa. Nivel C1.

  • Exame oral: o profesorado será convocado un día entre o 1 e o 23 de febreiro de 2019. A duración do exame será de, aproximadamente, 15 minutos. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será no CAFI (en Santiago de Compostela).

  • Exame escrito: 1 de febreiro de 2019, horario, de 09:30 a 13:45h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será no CAFI (en Santiago de Compostela).

  • Data límite de inscrición: 02/01/2019

  • Prazas: 10

           Para máis información: DALF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

 

Probas DELF - DALF
Probas DELF - DALF

Obradoiro "Lunnis e acción!"

Summary: 

Lunnis de lenda e Lunnis e acción
Gallego

Desde o departamento de contidos infantís de RTVE queren compartir con todos nós o novo proxecto educativo de Clan TV.

O universo transmedia do programa Lunnis de Lenda  exponse en varias plataformas para desenvolver a súa estratexia na Rede a través da Web Clan TV, Facebook, Instagram, Youtube e agora tamén desde as aulas grazas a unha serie de guías didácticas desenvolvidas para nenos de 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

Os alumnos poderán aprender novos conceptos a través dos programas Lunnis de Lenda e Lunnis e Acción! que utilizaremos como fío condutor para a súa alfabetización mediática. Este formato achega o valor engadido de supoñer a integración das Tecnoloxías da información e a educación (TIC) nas aulas. Lunnis e Acción! é o novo programa en liña de Clan, que pode visualizarse tanto na web de Clan como na canle de Clan de Youtube. Trátase dun programa onde pretendemos desenvolver a creatividade dos máis pequenos e ensinámoslles a realizar manualidades que explican como funciona o cinema, aplicando o “learning by doing”, utilizando materiais de reciclaxe e elementos sinxelos que todos teñen ao seu alcance.

En todas as guías didácticas os docentes poderán atopar diversas actividades para realizar co seu alumado baseadas nas materias troncais do ciclo lectivo. Cada actividade foi adaptada a diferentes niveis de dificultade para que sexan útiles desde 1º ata 3º curso de educación primaria.

As guías didácticas dos Lunnis están dispoñibles ao alcance de todos na web de Clan e o seu desexo é que cheguen ás aulas coa vosa axuda, para achegar así a alfabetización mediática aos primeiros cursos da educación primaria obrigatoria en España.

O labor dos docentes para a alfabetización audiovisual é fundamental e desde RTVE queren achegar o seu gran de area, organizando para os profesores un obradoiro práctico onde mostrarlles as ferramentas pedagóxicas de Lunnis e acción! e onde aprenderán nocións básicas sobre animación e stop motion, impartidas por expertos na materia. É a nosa maneira de darvos as grazas polo voso inestimable traballo no día a día.

No obradoiro informaranvos do funcionamento e as posibles aplicacións das guías e unhas nocións básicas de animación para que se vos interesa poidades aplicalo na aula. Ademais de visualizar os vídeos e ensinar coas guías didácticas, os profesores poden introducir nas aulas a app gratuíta “StopMotion Lunnis” para poder facer stop motion e gravar vídeos. Desta maneira, os nenos poden axuntar o uso dos smartphones e o coñecemento técnico adquirido en clase a través dos vídeos de Lunnis e Acción! para crear historias, desenvolvendo a súa creatividade e mellorando os seus coñecementos sobre a narración.

Día: Luns 5 de novembro
Hora: 16:00h.
Lugar: CAFI - Centro Autonómico de Formación e Innovación en Santiago de Compostela.
Lamas de Abade, s/n. 15702 Santiago de Compostela. A Coruña.
Duración: 2 horas.

Para a inscrición hai que mandar un correo electrónico cos vosos datos (nome e apelidos, DNI e correo electrónico) a cafi.linguascooficiais1@edu.xunta.es. Adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de chegada.

Lunnis
Lunnis e acción!

Proba de nivel para participar en cursos CALC

Summary: 

Listaxe das probas de nivel que se van desenvolver na rede de formación
Gallego

As distintas probas de nivel para participar en cursos CALC que se van desenvolver na rede de formación son as seguintes:

- CAFI: S1802040 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- A Coruña: C1802020 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- Ferrol: F1802018 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- Lugo: L1802021 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- Ourense: O1802010 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- Pontevedra: P1802017 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

- Vigo: V1802021 - Proba de nivel para participar en cursos CALC

A data é o 24 de setembro de 18:00 a 20:00h

Probas de nivel
Probas de nivel

S1802013 - Nova metodoloxía para a aprendizaxe de linguas mediante a expresión teatral

Summary: 

Unha nova metodoloxía didáctica para o ensino e aprendizaxe de linguas
Gallego

Esta actividade nace  dun estudo teórico-práctico derivado da Tese de douturamento de Rosalía Fernández Rial (Aula sen paredes) sobre o uso da expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para as aulas de linguas. Nel se propón e aplica unha nova metodoloxía didáctica para o ensino e aprendizaxe de linguas. Esta consiste no uso da expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica para desenvolver a competencia comunicativa do alumnado así como para favorecer certas actitudes e valores asociados ao plurilingüismo, á intercuturalidade e aos principios dunha sociedade democrática. Esa investigación inclúe un marco teórico, un programa didáctico práctico desenvolto nun instituto público galego sobre esa experiencia pedagóxica e creativa.

Datas de realización: 11 - 18 - 25 de outubro

Horario: de 18:00 a 21:00 excepto o último día que será de 17:00 a 21:00

Relatora: Rosalía Fernández Rial

Para máis información preme aquí.

Nova metodoloxía para a aprendizaxe de linguas mediante a expresión teatral
Nova metodoloxía para a aprendizaxe de linguas mediante a expresión teatral

S1801054 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Prevención e coidado da voz dos docentes
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

Datas de realización: 04 - 11 -18 e 25 de outubro; 01 - 08 e 15 de novembro.

Horario: de 18:00 a 21:00H.

Relator: Pablo García Ferradas

Código en fprofe: S1801054

Para máis información preme aquí

Exercicios para o coidado e hixiene da voz
Coidado da voz