Gallego

A integración do ensino das linguas desde un enfoque comunicativo e vivencial

Summary: 

Aínda pode vostede inscribirse no curso S1201032: A integración do ensino das linguas desde un enfoque comunicativo e convivencial que se vai celebrar no CAFI en Santiago de Compostela cunha duración de 20 horas a partires do día 5 de novembro.
Gallego

Aínda pode vostede inscribirse no curso   S1201032:  A integración do ensino das linguas desde un enfoque comunicativo e convivencial que se vai celebrar no CAFI en Santiago de Compostela cunha duración de 20 horas a partires do día 5 de novembro.

As sesións dividiranse en dous bloques de aprendizaxe:

1. Teórico. Marco e planificación lingüística.
2. Práctico. Dous obradoiros.

Os obxectivos xerais do curso serán: achegarse, dende a teoría e sobre todo dende a práctica, ao valor do coñecemento plurilingüe no contexto bilingüe galego, aprendendo a integrar a planificación lingüística na vida cotiá dun centro educativo.

Poden obter máis información e efectuar a súa inscrición no seguinte enderezo:
http://www.edu.xunta.gal/fprofe/

ARBOL

Curso S1201031 - Traballamos o texto

Summary: 

Comunicase a oferta das últimas vacantes para o curso S1201031 - Traballamos o texto: a información importante que se vai celebrar no CAFI en Santiago de Compostela cunha duración de 40 horas a partires do vindeiro xoves 18 de outubro.
Gallego

Comunicase a oferta das últimas vacantes para o curso S1201031 - Traballamos o texto: a información importante que se vai celebrar no CAFI en Santiago de Compostela cunha duración de 40 horas a partires do vindeiro xoves 18 de outubro.

No curso farase un TRATAMENTO DE INFORMACIÓN baseado en OBRADOIROS.

As sesións dividiranse en tres bloques de aprendizaxe:

1. ORALIDADE
2. ESCRITURA
3. MEDIOS

Os obxectivos xerais do curso serán: incidir na representación axeitada do significado dos textos para extraer e comunicar información nos seus distintos niveis de xeneralización e atendendo ás relevancias contextuais e textuais na sociedade actual.

Poden obter máis información e efectuar a súa inscrición no enderezo https://www.edu.xunta.es/fprofe/.

texto

Últimas prazas para participar nas xornadas: a competencia en comunicación lingüística

Summary: 

Quedan prazas libres nas xornadas 'Competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro III' (cód. G1102004), do venres 23-sábado 24 de marzo (pasado mañá). Até mañá ás 12.30h. pode a xente apuntarse.
Gallego

Quedan prazas libres nas xornadas 'Competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro III' (cód. G1102004), do venres 23-sábado 24 de marzo.

Van estar moi interesantes para todo o profesorado, tanto especialistas como non especialistas, para desenvolver a competencia en comunicación lingüística no centro. E teñen sorpresiña das que edifican!
 
O enlace para ver o programa e como chegar ao CIFP Politécnico de Santiago é o seguinte, en Aula Virtual CAFI
 
Para resolver calquera cuestión e apuntarse, chámese ao seguinte núm. de teléf.: 981522411, ext.227.
competencia

Listaxe de asesores de linguas de Galicia

Gallego

XEFATURA DE DEPARTAMENTO

ASESORES DE LINGUAS COOFICIAIS

ASESORES DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

ASESORA LINGUAS ESTRANXEIRAS

ASESOR LINGÜÍSTICO SOCIAL

ASESORA LINGUAS ESTRANXEIRAS

ASESORA LINGÜÍSTICO SOCIAL

ASESORAS LINGUAS ESTRANXEIRAS

ASESOR LINGÜÍSTICO SOCIAL

ASESORA LINGUAS ESTRANXEIRAS

ASESOR LINGÜÍSTICO SOCIAL

ASESOR LINGUAS ESTRANXEIRAS

ASESORES LINGÜÍSTICO SOCIAL

ASESOR LINGUAS ESTRANXEIRAS

Caderno de actividades de Linguas Cooficiais para o Primeiro Trimestre do Curso 2024 - 2025

Summary: 

Linguas cooficiais
Gallego

S2401093 - Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz. Foniatría e ortofonía

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

Datos importantes:

    • Datas:
      • outubro (24),
      • novembro (7-14-21-28) e
      • decembro (5-12).
    • Horario: de 17:00 a 20:00H.
    • Lugar: Aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela
    • Relator: Pablo García Ferradas
    • Código en fprofe: S2401093

     

     

     

     

     

     

    - o O o -

    S2401068 Lingua de signos. Curso básico

    Nunha sociedade cada vez máis diversa as persoas con discapacidade auditiva de distinto tipo e grao representan o 8% da poboación Aínda que moitas persoas da comunidade xorda utilizan a lingua oral outras moitas empregan a Lingua de Signos. A tendencia cada vez máis inclusiva da sociedade nos diferentes ámbitos: educativo, sanitario e social fai case obrigatoria a existencia de máis profesionais que coñezan a Lingua de Signos.

    Co curso de Lingua de Signos. Curso básico iniciaraste na lingua de signos e adquirirás os coñecementos necesarios que che permitirán comunicarche coas persoas xordas. Traballarás tanto a comprensión como a expresión alcanzando o coñecemento do vocabulario de uso cotián e o coñecemento da estrutura gramatical básica.

    Datos importantes:

    • Datas:
      • Setembro (25, mércores)
      • Outubro (2-9-16-23, mércores)
      • Novembro (6-13, mércores
    • Relatora:  Alba Tamara Puentes García
    • Horario: de 17:00 a 20:00h.
    • Código en  fprofe:  S2401068
    • Lugar: CAFI - Santiago de Compostela, Aula 11
    S2401093 - Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz. Foniatría e ortofonía
    S2401068 Lingua de signos. Curso básico

    Saúdo a navegantes para o curso 2024 - 2025

    Gallego

     
    O espazo da Asesoría de Linguas dálles a benvida a todas as persoas interesadas na competencia comunicativa.

     
    Aproveitemos as posibilidades que ofrece unha formulación integradora, que programa simultaneamente as aprendizaxes lingüísticas e non lingüísticas. O noso ámbito de traballo é común ás linguas cooficiais e estranxeiras, sen esquecer outros máis específicos, así como todo o concernente aos diversos recursos didácticos da sociedade actual.

     
    Queremos que este espazo sexa un lugar aberto, onde poder recibir suxestións e atopar actividades formativas, recursos, experiencias, materiais e novas.
     
    
Enviádenos propostas de actividades que teñades feitas e queirades compartir en modalidades de formación. Non dubidedes en nos achegar suxestións formativas, para o departamento e para a web, e así poder crear entre todos/as unha escola de calidade.