Caderno de actividades de Linguas Cooficiais para o Primeiro Trimestre do Curso 2024 - 2025
S2401093 - Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz. Foniatría e ortofonía
O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.
Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.
Datos importantes:
- Datas:
- outubro (24),
- novembro (7-14-21-28) e
- decembro (5-12).
- Horario: de 17:00 a 20:00H.
- Lugar: Aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela
- Relator: Pablo García Ferradas
- Código en fprofe: S2401093
- o O o -
S2401068 Lingua de signos. Curso básico
Nunha sociedade cada vez máis diversa as persoas con discapacidade auditiva de distinto tipo e grao representan o 8% da poboación Aínda que moitas persoas da comunidade xorda utilizan a lingua oral outras moitas empregan a Lingua de Signos. A tendencia cada vez máis inclusiva da sociedade nos diferentes ámbitos: educativo, sanitario e social fai case obrigatoria a existencia de máis profesionais que coñezan a Lingua de Signos.
Co curso de Lingua de Signos. Curso básico iniciaraste na lingua de signos e adquirirás os coñecementos necesarios que che permitirán comunicarche coas persoas xordas. Traballarás tanto a comprensión como a expresión alcanzando o coñecemento do vocabulario de uso cotián e o coñecemento da estrutura gramatical básica.
Datos importantes:
- Datas:
- Setembro (25, mércores)
- Outubro (2-9-16-23, mércores)
- Novembro (6-13, mércores
- Relatora: Alba Tamara Puentes García
- Horario: de 17:00 a 20:00h.
- Código en fprofe: S2401068
- Lugar: CAFI - Santiago de Compostela, Aula 11