G1903009 - Roteiro polos espazos vitais de Alfredo Conde

Roteiro polos espazos vitais de Alfredo Conde
Lun, 09/09/2019 - 12:06
G1903009 - Roteiro polos espazos vitais de Alfredo Conde

O CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) vai organizar un roteiro literario coa figura do escritor Alfredo Conde Cid en Allariz. Á parte de contar coa participación do propio autor,  colaborarán na organización e realización do roteiro como relatores os/as seguintes compañeiros/as: María Sánchez Cid, Xián Bobillo Bermejo, María Garrido Rodríguez, Xulio Pérez Pereiras, Susana Moure Fraga, Olga Quintana Devesa, Abraham Herrero Menor, Juan Seara Ferro, Xabier Álvarez Cid, María Fernández da Costa, Eva Méndez Fernández, María Belén Barril Gamonal, Abraham Vila Álvarez, Carmen Pérez González, Dolores Cid Cid e Manuel Gallego.

 

Percorreremos os principais espazos polos que se desenvolve a vida e a obra de Alfredo Conde en Allariz. Pola mañá desenvolverase no núcleo histórico da vila de Allariz (casa natal, casino, igrexa de San Bieito, Barreira, Mosteiro de Santa Clara, Socastelo, castelo, cárcere, xulgado, casa dos devanceiros, praza maior, Fundación Vicente Risco, cemiterio, ponte de Vilanova, Alameda...); pola tarde desprazarémonos á aldea do Mato e a Santa Mariña de Augas Santas, onde remataremos a actividade. A distancia total roldará os 4 km de percorrido.

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI