G1703017 - Martín Codax: o son das ondas. Roteiro literario

A nosa historia literaria comezou co vaivén das ondas da ría de Vigo, que inspiraron o noso trobador medieval Martin Codax para compor as súas fermosas cantigas.
Foi o azar o que quixo que, sete séculos despois da súa composición, en 1914, un libreiro chamado Pedro Vindel atopase os seus versos nun pergamiño que facía de forro dun exemplar do De Officiis de Cicerón.
Mér, 08/11/2017 - 12:18
Roteiro literario: Martin Codax
Roteiro literario: Martin Codax

Con esta actividade, da man do profesor Henrique Monteagudo, queremos percorrer os espazos literarios e vitais dos trobadores do Mar de Vigo.

Iniciaremos o percorrido xunto ao sartego de Pai Gómez Chariño na igrexa/convento de San Francisco e, na capital do Lérez, visitaremos o que foi o Pazo do almirante. A segunda parada será a Illa de San Simón da man de Mendiño. De aí, como terceiro punto, nos achegaremos á Illa do Santo do Mar ou de San Clemente onde rememoraremos, na ermida, as cantigas de Nuno Treez. A cuarta parada será a Capela de San Amedio de Bon, en Beluso, onde Johan de Cangas era o seu cantor primordial. Como quinta parada teremos a Igrexa de Santa María de Castrelos identificada con Johan Soarez Somesso. Remataremos no Museo do Mar de Galicia con Martin Codax e o Pergamiño Videl.

O código da actividade en fprofe é: G1703017

Data: 11 de novembro de 2017

Consulta do programa da actividade: enlace

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI