S1702023 - Xornada Domingo Fontán e Otero Pedrayo, dúas vidas ao servizo de Galicia

Xornada presencial para abordar as figuras de Domingo Fontán e Ramón Otero Pedrayo
Ven, 13/10/2017 - 09:53
Domingo Fontán e Otero Pedrayo
Domingo Fontán e Otero Pedrayo

A Fundación Otero Pedrayo e o Servizo de Formación do profesorado queremos participarvos da organización das xornadas nas que baixo o título de Domingo Fontán e Otero Pedrayo, dúas vídas ao servizo de Galicia homenaxearemos ao polifacético ilustrado con motivo do 151 aniversario da súa morte e o 200 do comenzo da elaboración da Carta Xeométrica de Galicia, o primeiro mapa moderno feito na península, e a Otero Pedrayo, grandísimo amador da figura de Fontán.

O programa, que xulgamos pode ser do voso interese polos especialistas que participan e polo interesante dos temas, é o seguinte:

20 venres de outubro SESIÓN EN TRASALBA
- 16:30 - 17:00: Recollida de documentación.

- 17:00 - 17:30: Inauguración e presentación por autoridades e presidentes da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Domingo Fontán.

- 17:30 - 18:45: A vida de Domingo Fontán e a Fundación do seu nome, César Camargo Sánchez, vicepresidente da Fundación Domingo Fontán.

- 18:45 - 19:45: A parroquia galega a partir da Carta Geométrica de Galicia, Mª Carmen Álvarez Monterroso, doutora en Xeografía e especialista no Mapa de Fontán.

- 19:45 - 20:30: A correspondencia entre Otero Pedrayo e a familia de Fontán, Pablo Sánchez Ferro, director do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e Arquiveiro da Fundación Otero Pedrayo.

Mañá do sábado 21 de outubro LICEO DE OURENSE
- 10:30 - 11:30: A realización material do Mapa de Fontán e Ourense, Afonso Vázquez-Monxardín, catedrático de Literatura Galega no IES As Lagoas e Secretario da Fundación Otero Pedrayo.

- 11:30 - 12:30: O matemático Rodríguez e Domingo Fontán na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, por Elena Vázquez Cendón, profesora de Matemática Aplicada e Decana da Facultade de Matamáticas da USC.

- 12:30 - 12:45: Pausa café

- 12:45 - 13:45: O Fontán en Otero Pedrayo, por X. Manuel Salgado, profesor doutor de Literatura Galega na USC.

Ten máis información do curso en Fprofe premendo na seguinte ligazón.

Agardando sexa do voso interese,

Recibide un cordial saúdo oteriano,

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI