Un manuscrito inédito de La colmena, Cela

Annie Salomon, filla do hispanista francés Noël Salomon, doa á Biblioteca Nacional de España o texto con pasaxes non coñecidas
Mar, 18/02/2014 - 12:35
Anotacións_Colmena
Anotacións_Colmena

Editada en Bos Aires en 1945/1946, La colmena, título fundamental na obra do Nobel de literatura, non se puido publicar en España ata 1951, debido á censura da ditadura. Segundo a BNE, o manuscrito inédito da novela de Cela «nunca» foi presentado ante os censores.

A doadora, Annie Salomon, xunto á directora da BNE, Ana Santos, presentarán publicamente o manuscrito inédito de La colmena nun acto que se celebrou a comezos de mes na sede da Biblioteca, acto ao que asistiu tamén Adolfo Sotelo Vázquez, catedrático de Historia da Literatura Española e especialista na obra de Cela.

Adolfo Sotelo explicou que o groso do manuscrito é parte da copia que Cela presentou á censura o 7 de xaneiro de 1946, é a que ía ir a Barcelona para a publicación, mais que nunca chegou a ese destino. Afirma Sotelo que o manuscrito ten un alto valor para comprobar tanto a natureza das pasaxes censuradas, que confirma que a censura estaba moi preocupada polos aspectos eróticos da novela; e, por outra, o traballo de creación dos textos.

Ligazóns de interese na BNE:

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI