Deseño, creación e titorización para a formación en rede
A implantación da formación do profesorado en cursos en rede esixe dispoñer de creadores de cursos de formación así como de titores que desenvolvan os cursos a través de Platega. Polo tanto cómpre formar a profesoras e profesores para que sexan quen de crear un curso de formación, por exemplo a través dunha licenza de formación, e titorizalo en Platega.
Destinatarios:
- Profesorado creador de cursos para a formación en rede.
- Profesorado titor de cursos en rede, en Platega
- Profesorado relator de cursos de formación.
- Profesorado creador de cursos virtuais complementarios do ensino presencial co seu alumando de ESO, Bacharelato, FP...
Competencias e obxectivos:
- Desenvolver a competencia pedagóxica e didáctica precisa para a planificación, o deseño e a xestión dun curso en rede.
Obxectivos:
- Manexar cursos a distancia, creados con Moodle.
- Integrar contidos dixitais e multimedia en paquetes de contidos para os cursos virtuais, creados con eXeLearning.
- Deseño da avaliación para os cursos virtuais.
- Respectar a propiedade intelectual e os dereitos de autor e coñecer licenzas de autor para publicar recursos propios.
- Crear cursos virtuais que respecten a normativa básica sobre accesibilidade.
Contidos
- Deseño e creación de secuencias didácticas en cursos virtuais (nivel 3 de agregación).
- Creación de cursos virtuais con Moodle.
- Creación de paquetes de contidos con eXeLearning para incorporalos en cursos virtuais.
Coñecementos previos necesarios:
- Manexo básico de Moodle como creador de cursos.
- Manexo básico de eXeLearning como creador de paquetes de contidos.
- Non é obxectivo deste curso ensinar o manexo de Moodle ou de eXeLearning, aínda que se facilitará documentación e información sobre eles. Estas dúas ferramentas usaranse para crear cursos virtuais e os seus contidos.
Temporalización e características:
O curso ten unha duración de 60 horas, das cales 53 son en rede e 7 presenciais. Impartirase dende o 11 de marzo ata o 30 de maio de 2014. Para a selección de participantes, teranse en conta os criterios de selección indicados na ficha da actividade en fprofe. Esta actividade ofértase con 100 prazas, estando aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 11/02/2014. Referencia: G1301083
Menús CAFI node R
Áreas-CAFI
- Infantil e Primaria
- Linguas
- Linguas estranxeiras
- Lingüística e social
- Organización escolar e Diversidade
- Educación dixital
- Departamentos
- Artística e deportiva
- Bibliotecas escolares
- Científico e tecnolóxica
- Científico, tecnolóxico e social
- Formación, innovación e internacionalización
- Formación Profesional