Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Inicio do curso 2022-2023

O xoves, día 8 de setembro de 2022, dará comezo o curso 2022-2023 cunha xornada de benvida escalonada por niveis (consultar documento adxunto) que terá unha duración aproximada de hora e media.

O alumnado recibirá o horario do seu grupo este mesmo día 8 de setembro e comezarán as actividades lectivas ordinarias o venres, día 9 de setembro.

 

1 de setembro, apertura do prazo de matrícula para ensinanzas de Persoas Adultas

O 1 de setembro comeza o prazo de matrícula para cursar estudos de 1º ou 2º de bacharelato no réxime de adultos e mais para a Educación Secundaria de Persoas Adultas, en concreto, ESA3 e ESA4, que son os cursos que ofertamos no IES Santa Irene.

Data e horario de exames das Probas Libres para a obtención do título da ESO (setembro 2022)

Os exames da convocatoria de setembro das Probas Libres para a obtención do título da ESO terán lugar o 2 de setembro de 2002.

Publicada a listaxe definitiva do fondo libros

Informamos de que xa foron publicadas as listaxes definitivas de fondolibros para o curso 2022/23. Estas listaxes poderanse consultar na aplicación fondolibros, identificándose previamente coa Chave 365 ou co certificado dixital. Así mesmo, estarán dispoñibles no taboleiro situado no interior do centro. Os libros de préstamo asignados entregaranse en setembro, co inicio das clases.

As familias do alumnado ao que lle corresponda o "cheque de axuda para a compra de material escolar" poden recollelo en Secretaría.

 

Listaxe definitiva de solicitudes e adxudicación FP Básica 2022-2023

Xa están publicadas a listaxe definitiva de solicitudes así como a de adxudicación de prazas na FP Básica. Poden consultala co código CPC da súa solicitude no seguinte enlace:

Listaxe definitiva de solicitudes e adxudicación

O alumnado non admitido en ningún ciclo de FP Básica debe formalizar a matrícula no IES Santa Irene antes do mércores, día 27 de xullo de 2022.

Relación provisional de admitidos para a concocatoria das Probas Libres de setembro para a obtención do título da ESO

Desde hoxe poderedes consultar no taboleiro interior do IES Santa Irene a relación de admitidos e excluídos da convocatoria extraordinaria de setembro das Probas Libres para a obtención do título da ESO. O período de reclamación é de 3 días hábiles a partir do 15 de xullo.

Memoria Xeral Anual 2021-2022

Memoria Xeral Anual do IES Santa Irene para o curso académico 2021-2022

Convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022

Orde do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311E).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 24 de agosto de 2022 e rematará o día 23 de setembro de 2022.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/37531

Plublicada a listaxe provisional dos admitidos e excluidos no fondo de libros 2022/23

Os interesados poden consultar estas listaxes no taboleiro de entrada ao instituto.

As persoas que presentaron as solicitudes por sede electrónica poden facer a consulta a través da web Fondo libros.

O prazo para as reclamacións ás listaxes provisionais son os dous días seguintes a publicación (martes 12/7/22 e mercores 13/7/22).

A publicación das listaxes definitivas será o 22 de xullo de 2022.

Listaxe provisional de solicitudes FP Básica 2022-2023

Publicada no tablón de anuncios do IES Santa Irene a listaxe de solitudes provisional para FP Básica 2022-2023



by Dr. Radut