Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Calendario fin de curso 2021-2022 (ESO)

Publicamos o calendario de fin de curso para os cursos da ESO segungo as datas determinadas pola ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra

Publicamos os novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Relación provisional de admitidos na 1ª convocatoria (Maio 2022) das Probas Libres de Educación Secundaria Obrigatoria

Prazo de reclamacións: 3 días hábiles (martes, mércores e xoves, días 5, 6, e 7 de abril de 2022)

Publicación da listaxe definitiva: 8 de abril de 2022

Listaxe provisional de admitidos no taboleiro do IES Santa Irene

Becas Eurolingua

Eurolingua Venairlanda® lanza su 9ª convocatoria de Becas Eurolingua para la realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dos semanas de duración durante el verano en un programa de inmersión todo incluido. Constan de un lote global de 20 becas dirigidas a estudiantes universitarios, de secundaria, bachillerato o formación profesional con una dotación presupuestaria aportada por Eurolingua Venairlanda en su totalidad.

El programa está becado al 100% e incluye:

Avaliación extraordinaria da ESA (1º Cuadrimestre)

No mes de abril terá lugar a avaliación extraordinaria para os matriculados no 1º Cuadrimestre da ESA III e da ESA IV. Consulta o arquivo adxunto para coñecer as datas, as horas de avaliación e o día de entrega de notas. 

Becas curso 2022/23

Este ano adelántase o prazo para solicitar becas do curso 2022/23: ábrese o 30 de marzo e remata o 12 de maio de 2022. Máis información en:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

https://monicadizorienta.blogspot.com/2020/08/becas-generales-mefp-para-estudios.html

Peche do centro durante o entroido

Debido ao entroido o centro permanecerá cerrado o luns 28 de febreiro e o martes 1 e mércores 2 de marzo.

Admisión de novo alumnado para o curso 2022-2023

O día 1 de marzo comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo ordinario remata o día 21 do mesmo mes. 

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Convocatoria Probas libres Curso 2021-2022

Convocatoria Probas libres Curso 2021-2022.

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A)

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca 525 prazas para alumnado de bacharelato para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras en Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal no verán deste ano 2022. O prazo de solicitude remata o 28 de febreiro. Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/.



by Dr. Radut