Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Publicación das cualificacións definitivas da convocatoria ordinaria das Probas libres para a obtención do título da ESO (Maio 2022)

A partir de hoxe xa podedes consultar as cualificacións definitivas obtidas nas Probas Libres para a obtención do título da ESO celebradas no mes de maio. As listaxes estarán penduradas no taboleiro interior do IES Santa Irene, ou ben, podedes acceder a elas a través do web www.edu.xunta.es . 

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

Orde do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

 

Publicación das cualificacións provisionais das Probas Libres da ESO

No adxunto engádese o calendario da convocatoria ordinaria das Probas Libres da ESO. A publicación das cualificacións provisionais será o 2 de xuño e o prazo de reclamación son 5 días hábiles a partir da data de publicación das cualificiacións. 

Axudas fondo libros

Saiu publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 19 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Ligazón á convocatoria: Convocatoria do fondo solidario de libros de texto 22/23

Admisión de novo alumnado para o curso 2022-2023

Xa están dispoñibles no taboleiro do centro as listaxes definitivas do alumnado admitido para o curso 2022-2023.

Horario das Probas ABAU 2022

Anexo III da convocatoria da ABAU que corresponde ao Horario das Probas.

Pago de Taxas ABAU 2022

Instrucións para o pago de taxas ABAU 2022

Convocatoria ordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2022 deberá aboar as taxas correspondentes.

No documento adxunto detállanse as instrucións de pago da taxa.

*Non facer o pago antes do mércores, día 18 de maio.

Convocatoria Extraordinaria

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato e quere presentarse ao exame ABAU 2022 deberá aboar as taxas correspondentes.

Parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da ABAU 2022

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2022/23



by Dr. Radut