Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Comezo do período de reserva de praza para o curso 2023-2024 (Centros adscritos)

Reserva de praza: Alumnado que cambia de etapa (Educación Infantil a Educación Primaria, Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria,...) e desexa continuar estudos no centro de adscrición. Este alumnado ten prioridade respecto do que non procede de centro adscrito. Solicitude: Formulario ED550A

ABAU adultos 2023

O prazo de matriculación para a ABAU para maiores de 25 anos e para maiores de 45 anos será dende o 30 de xaneiro ata o 3 de febreiro.

Para mais información podes consultar pinchando nos seguintes links.

Datas de exames finais (ESA III e ESA IV)

No adxunto poderedes consultar os días e horas dos exames finais do 1º cuadrimestre da ESA III e da ESA IV, así como a data de inicio do 2º cuadrimestre.

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior 2022-2023

Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso a os ciclos formativos poderá consultarse dentro da pestana “Probas” domenú da páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp.

APERTURA DO PRAZO DE MATRÍCULA PARA O ENSINO DE PERSOAS ADULTAS (CURSOS ESA III E ESA IV)

Desde o día 9 até o 17 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula para todo o alumnado de nova incorporación que queira cursar a Educación Secundaria polo réxime de Persoas Adultas. Para a matriculación deberán achegar a certificación académica dos estudos cursados con anterioridade, dúas fotos tamaño carné, unha fotocopia do DNI e dous euros para o Seguro Escolar.

Solicitude ABAU alumnado NEAE

Poderá solicitar a aplicación deste procedemento o alumnado connecesidades específicas de apoio educativo matriculado en segundo de bacharelato ou ciclo formativo de grado superior de formación profesional que se presente á proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade no sistema universitario de Galicia (ABAU), cando requira unha adaptación específica para a súa realización.

Probas de nivel lingüístico 2022-2023

Listaxe provisional de alumnado proposto e taxas de exame (Francés e Inglés)

A listaxe provisional de alumnado proposto para as probas de nivel lingüístico e as taxas de exame publicaranse no taboleiro do IES Santa Irene o martes, día 10 de xaneiro de 2023. O período de reclamacións e cambios será de 5 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da listaxe provisional.

O IES Santa Irene deséxavos felices festas

Secretaría: Atención ao público durante o período non lectivo de nadal

Durante o período non lectivo de nadal o horario de atención ao público da secretaría do centro será de 10:00 h a 12:00 h.

Período non lectivo de nadal:

Desde o día 23 de decembro de 2022 ata o 4 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

*O día 5 de xaneiro de 2023 o centro permanecerá pechado.

Accions formativas para desempregados

    PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO: Fundación Laboral de la Construcción

 

 



by Dr. Radut