Skip to Content

1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Calendario de Exames de Materias Pendentes_1.ª Avaliación

En documento adxunto pódese consultar o calendario de exames de materias pendentes para a primeira avaliación. 

Saída extraescolar_4º ESO

Achegamos en documento adxunto a presentación resumo sobre a saída extraescolar do alumnado de 4º ESO.

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO (2024-25)

No documento adxunto poden consultar as datas e horas de recollida de libros de texto outorgados no programa Fondo Libros. 

Certificado de competencias dixitais do alumnado 4º ESO

Está dispoñible o informe AL910-Certif.Comp.dixitais para obter o Certificado de competencias dixitais do alumnado de 4º da ESO. Este informe pode obtelo o alumnado maior de idade ou as persoas responsables a través de abalarMóbil e abalarWeb.

Os certificados COMDIX só están dispoñibles para o alumnado que teña cumpridos os 16 anos na data 30 de xuño de 2024.

O alumnado que cumpra os 16 anos no 2º semestre do ano 2024 poderá descargalo a partir do 31 de decembro.

 

Admisión FP básica. Adxudicación de prazas. Curso 2024-2025

Os centros nos que estea asignada a praza poñeranse en contacto co alumnado para confirmar a matrícula e solicitarlles a documentación que proceda.

Lista definitiva de solicitudes admitidas - FondoLibros 2024-2025

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a lista definitiva de solicitudes admitidas do fondo de libros para o curso 2024-2025.

As persoas interesadas poderán solicitar, na secretaría do centro, o vale de material.

Arteflix. A arte e os seus protagonistas.

PREPARADOS PARA UNHA ENCHENTA DA NOSA SERIE FAVORITA???

 

Os alumnos de 4º da ESO preparon unha escolma dos movementos artísticos da arte contemporánea no formato da plataforma Netflix.

A presentación constaba de 5 diapositivas: Vista previa, episodios, trailers, máis disto, detalles. A aplicación utilizada será o Google slide. 

Na vista previa, aparecerá unha obra representativa do movemento artístico,  o contexto histórico, e a modo de actores da serie, o nome dos artistas. 

Episodios: Nos 5 episodios aparecería un artista, o cadro, e o título. E na parte inferior, máis cadros do movemento.

Máis disto: Neste apartado, seleccionarase un artista,  reunirase un percorrido pola súa traxectora artistica, seleccionando obras dos distintos periodos.

Trailer Subirase un video realizado polo alumnado comentando unha obra. Máximo 3 minutos

Detalles: Reunirase a bibliografía, neste caso os enlaces de internet.

 

Premios ao esforzo persoal e a superación persoal ESO 2023-2024

O pasado 28 de xuño, publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2024 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023-2024 (código de procedemento ED311E).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes: comezará o día 19 de agosto de 2024 e rematará o día 18 de setembro de 2024.

Pode acceder á información desta convocatoria na aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/), no Portal educativo (https://www.edu.xunta.gal/portal/) e na Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E.

Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que presentar a súa solicitude por medio dunha persoa representante.

Achégase unha folla informativa sobre a convocatoria, que deberán distribuír ao alumnado susceptible de ser candidato a estes premios.

O alumnado que desexe presentarse a dita convocatoria deberá informar ao centro educativo no momento de facer a solicitude.

Listaxe de libros de texto para o curso 2024-25

O listado de libros de texto para o curso 2024-25 está dispoñible premendo no seguinte enlace:

Listado libros de texto 2024-25

Presentacións_Xornadas de orientación

Adxúntanse as presentacións empregadas nas xornadas de orientación para o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato.

Distribuir contido


by Dr. Radut