Skip to Content

1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Configuración de materias Curso 2022-2023

Publicada no taboleiro do instituto a configuración definitiva de materias do alumnado matriculado nos cursos 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato.

A configuración de materias do alumnado que non aparece na lista corresponde coas materias sinaladas no impreso de matrícula con maior preferencia.

Para dúbidas ou cambios remitir un correo ó seguinte enderezo:

ies.santairene@edu.xunta.gal

Inicio do curso 2022-2023

O xoves, día 8 de setembro de 2022, dará comezo o curso 2022-2023 cunha xornada de benvida escalonada por niveis (consultar documento adxunto) que terá unha duración aproximada de hora e media.

O alumnado recibirá o horario do seu grupo este mesmo día 8 de setembro e comezarán as actividades lectivas ordinarias o venres, día 9 de setembro.

 

Convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022

Orde do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311E).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 24 de agosto de 2022 e rematará o día 23 de setembro de 2022.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/37531

Listaxe provisional de solicitudes FP Básica 2022-2023

Publicada no tablón de anuncios do IES Santa Irene a listaxe de solitudes provisional para FP Básica 2022-2023

Calendario de matrícula Curso 2022-2023

Calendario de matrícula para o curso 2022-2023

*Período oficial de matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022

Oferta de formación profesional para o curso 2022-2023

Publicada no Portal FP a oferta de formación profesional sostida con fondos públicos polo réxime ordinario e polo réxime para persoas adultas en centros de Galicia, así como a oferta de cursos de especialización e de programas formativos básicos.

Oferta de formación profesional para o curso 2022-2023

Semáforos

Aquí podemos ver un exemplo do traballo dos alumnos de 4º ESO B. Neste proxecto programaron un Arduino para facer un semáforo de coches e peóns con pulsador.

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

Orde do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22

 

Calendario fin de curso 2021-2022 (ESO)

Publicamos o calendario de fin de curso para os cursos da ESO segungo as datas determinadas pola ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra

Publicamos os novos criterios de promoción, titulación e matrícula de honra segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut