Skip to Content

3º ESO

Calendario de Exames de Materias Pendentes_1.ª Avaliación

En documento adxunto pódese consultar o calendario de exames de materias pendentes para a primeira avaliación. 

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO (2024-25)

No documento adxunto poden consultar as datas e horas de recollida de libros de texto outorgados no programa Fondo Libros. 

Admisión FP básica. Adxudicación de prazas. Curso 2024-2025

Os centros nos que estea asignada a praza poñeranse en contacto co alumnado para confirmar a matrícula e solicitarlles a documentación que proceda.

Lista definitiva de solicitudes admitidas - FondoLibros 2024-2025

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a lista definitiva de solicitudes admitidas do fondo de libros para o curso 2024-2025.

As persoas interesadas poderán solicitar, na secretaría do centro, o vale de material.

Listaxe de libros de texto para o curso 2024-25

O listado de libros de texto para o curso 2024-25 está dispoñible premendo no seguinte enlace:

Listado libros de texto 2024-25

Presentacións_Xornadas de orientación

Adxúntanse as presentacións empregadas nas xornadas de orientación para o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato.

FRONTEIRAS

Partindo do formato da revista National Geographic, e ca aplicación Book Creator,  os alumnos de 3º ESO C realizaron o traballo Fronteiras. Con este traballo, definiron e estudaron as fronteiras, non só en termos xeográficos, senón tamén como espazos de interacción e cambio para poder comprender a complexidade do mundo moderno.

A fronteira é unha liña, real ou imaxinaria, que delimita territorios, xa sexan países, estados, rexións ou comunidades. Pero ademáis, a fronteira é espazo dinámico onde se atopan e mesturan diferentes culturas, economías, políticas e sociedades. Son puntos de encontro e, ás veces, de conflito, onde as identidades defínense e redefinen continuamente. 

 

Concerto Final de Curso 2024

 

Concerto Final de Curso 2024

Admisión FP Básica 2024-2025

O alumnado de 2º da ESO, que teña feito 15 anos ou os faga no ano natural en curso, deberá ser proposto excepcionalmente e a criterio do equipo docente e o responsable da orientación do centro para incorporarse á formación profesional básica.

O alumnado procedente de 3º e 4º da ESO poderá solicitar a petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo de grao básico. Poderá presentar a solicitude no seu centro de orixe sen necesidade de ser proposto e sen figurar na relación inicial de alumnado proposto polo centro.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 24 de xuño de 2024 e remata o día 4 de xullo de 2024, ás 14:00 h.

O alumnado de 2º ESO proposto excepcionalmente para incorporarse á formación profesional básica será avisado polo centro o día 24 de xuño de 2024. Este alumnado poderá, se así o considera, rexistrar a solicitude (Solicitude ED522A) de incorporación a un ciclo de Formación Profesional Básica na secretaría do centro no plazo anteriormente indicado.

Aquel alumnado de 3º ESO e 4º ESO que desexe incorporarse a un ciclo de Formación Profesional Básica deberá formalizar a súa solicitude (Solicitude ED522A) na secretaría do centro no plazo anteriormente indicado.

Admisión a FP. Curso 2024-2025

Publicación das instrucións xerais e dos calendarios do proceso de admisión ás ensinanzas de formación profesional para o curso 2024-2025.

Distribuir contido


by Dr. Radut