FRONTEIRAS
Partindo do formato da revista National Geographic, e ca aplicación Book Creator, os alumnos de 3º ESO C realizaron o traballo Fronteiras. Con este traballo, definiron e estudaron as fronteiras, non só en termos xeográficos, senón tamén como espazos de interacción e cambio para poder comprender a complexidade do mundo moderno.
A fronteira é unha liña, real ou imaxinaria, que delimita territorios, xa sexan países, estados, rexións ou comunidades. Pero ademáis, a fronteira é espazo dinámico onde se atopan e mesturan diferentes culturas, economías, políticas e sociedades. Son puntos de encontro e, ás veces, de conflito, onde as identidades defínense e redefinen continuamente.