Skip to Content

Xeografía e Historia

Arteflix. A arte e os seus protagonistas.

PREPARADOS PARA UNHA ENCHENTA DA NOSA SERIE FAVORITA???

 

Os alumnos de 4º da ESO preparon unha escolma dos movementos artísticos da arte contemporánea no formato da plataforma Netflix.

A presentación constaba de 5 diapositivas: Vista previa, episodios, trailers, máis disto, detalles. A aplicación utilizada será o Google slide. 

Na vista previa, aparecerá unha obra representativa do movemento artístico,  o contexto histórico, e a modo de actores da serie, o nome dos artistas. 

Episodios: Nos 5 episodios aparecería un artista, o cadro, e o título. E na parte inferior, máis cadros do movemento.

Máis disto: Neste apartado, seleccionarase un artista,  reunirase un percorrido pola súa traxectora artistica, seleccionando obras dos distintos periodos.

Trailer Subirase un video realizado polo alumnado comentando unha obra. Máximo 3 minutos

Detalles: Reunirase a bibliografía, neste caso os enlaces de internet.

 

FRONTEIRAS

Partindo do formato da revista National Geographic, e ca aplicación Book Creator,  os alumnos de 3º ESO C realizaron o traballo Fronteiras. Con este traballo, definiron e estudaron as fronteiras, non só en termos xeográficos, senón tamén como espazos de interacción e cambio para poder comprender a complexidade do mundo moderno.

A fronteira é unha liña, real ou imaxinaria, que delimita territorios, xa sexan países, estados, rexións ou comunidades. Pero ademáis, a fronteira é espazo dinámico onde se atopan e mesturan diferentes culturas, economías, políticas e sociedades. Son puntos de encontro e, ás veces, de conflito, onde as identidades defínense e redefinen continuamente. 

 

Vidrieiras 2023

   

Traballo colaborativo sobre Vidrieiras levado a cabo dende o Departamento de Xeografía e Historia

Aquí tedes unha presentación e traballo de fondo de varios cursos.

Distribuir contido


by Dr. Radut