Grupo de Teatro Spasmo
Spasmo, é o grupo de teatro do Ies Santa Irene de Vigo.
O grupo de teatro Spasmo, formouse no curso escolar 1990-1991, a instancias do profesor de galego Sindo Fernández, como actividade extraescolar dentro do programa de Normalización Lingüística do Centro, aberto a todo o alumnado. Daquela traballou como Director das montaxes teatrais Andrés Vila. O profesor de Filosofía, Bernardino Gándara (Berni), sumouse ao proxecto no curso 1995-96 e a profesora de Inglés, Araceli Fernández, fixo o mesmo no curso 2004-05. Mariña Rio Mallo, exalumna do Santa Irene e integrante de Spasmo durante anos, agora Licenciada en Interpretación na ESAD de Vigo, compartiu o labor da dirección dos grupos con Berni no curso 2015-16. No curso 2016-2017 mantendo o carácter de actividade do centro, e baixo a dirección en solitario de Mariña, pasa a integrarse na oferta do ANPA.
Nun primeiro momento os participantes procedían dos cursos superiores, chegando algúns anos a conformar un grupo numeroso. Desde o 2002, e debido ao proceso de implantación da ESO e o incremento do número de participantes, formáronse dous grupos por idades (e algúns anos ata tres).
Todos os anos tras o comezo do curso convócase ao alumnado, fórmanse os distintos grupos, e trabállase con eles en dinámicas que descubran e reforcen as actitudes que pide o exercicio da interpretación teatral. Ao mesmo tempo, escóllese a obra que cada grupo pode realizar, faise a súa adaptación e tradución ao galego, implicando sempre os alumnos e alumnas na elaboración e posta en escena. Os días habituais de encontro e ensaio son o mércores, xoves ou venres pola tarde.
A estrea das obras realízase no centro a partir do día das Letras Galegas, realizando sesións de portas abertas para os pais, familiares e amigos ou veciños da zona. Tamén, e non sempre é posible, vaise a outros centros de ensino da cidade. Ás veces incluso nos animamos a participar en concursos.
As obras representadas, que describen a traxectoria e os intereses de Spasmo desde a súa orixe, son:
Curso 1990-1991
Mulleres ante a tumba, de Michel de Ghelderode
Curso 1991-1992
Un pouco de osíxeno, por favor, de Pedro Catalán García
Curso 1992-1993
Comedia repugnante dunha nai, de Stansislav Witkiewicz
Curso 1993-1994
A merenda dos xenerais, de Boris Vian
Curso 1994-1995
A grande noite de Fiz, de Miguel-Anxo Murado
Curso 1995-1996
A min déronme este enderezo, de Spasmo
Curso 1996-1997
Lisístrata, de Aristófanes
Curso 1997-1998
O anel máxico, de Goldoni
A voda, de Chejov
Curso 1998-1999
Aquí non paga nin Deus, de Darío Fo
Curso 1999-2000
A esmorga, de Blanco Amor(na adaptación de Sarabela teatro)
Curso 2000-2001
Deus, de Woody Allen
Curso 2001-2002
O enfermo imaxinario, de Moliere
Curso 2002-2003
A fundación, de Buero Vallejo
A guerra de nunca acabar, de A. Gómez Cerdá
Curso 2003-2004
O príncipe encadeado, de Jordi Voltas(adaptación de "A vida é un soño")As alegres casadas, de W, Shakespeare
Curso 2004-2005
Catro corazóns con freo e marcha atrás, de Jardiel Poncela
Lisístrata, de Aristófanes (segundo a montaxe do C.D.G.)
Curso 2005-2006
A cabeza do dragón, de Valle-Inclán
Quen morre último...mellor!, de Woody Allen
Tres farsas de DARÍO FO: Un home espido; Os pintores non teñen recordos; Non hai ladrón que por ben non veña.
Curso 2006-2007
O pousadeiro,adaptación de "A pousadeira" de Goldoni (participación en Caixa-escena)Romeo e Xulieta, de W. Shakespeare (participación en Caixa-escena)
Curso 2007-2008
A traxicomedia de Don Cristobita e Rosiña,"Os títeres de cachiporra" de Federico García Lorca (participación en Caixa-escena)Comedia Bífida, de Manuel Núñez Singala
Presas, de Ignacio del Moral e Verónica Fernández, segundo a montaxe de Ernesto Caballero. 1º premio GZCREA 2008
Curso 2008-2009
Catacroc!!, de Fernando Almena
Culpable, adaptación de 12 angry man, de Reginald Rose
Comadres, adaptación de Les belles-soueurs, de Michel Tremblay (versión de Itziar Pascual, "As cuñadas")
Curso 2009-2010
Tres sombreiros de copa, de Miguel Mihura
A arte da comedia, de Eduardo de Filippo.
Curso 2010-2011
Caídos do ceo, de Paloma Pedrero
Culpable, 2ª adaptación de 12 angry man, de Reginald Rose
Sabina e as meigas, de Ignacio del Moral
Curso 2011-2012 A abraiante vida de Brian(na adaptación do grupo de teatro Gargallada.) Curso 2012-2013 A paz perpetuade Juan Mayorga O achado do castrode Manuel Núñez Singala Curso 2013-2014
CARTOS, de Aristófanes
Curso 2014 - 2015
OS LADRÓNS SON XENTE HONRADA, de Jardiel Poncela
Curso 2015 - 2016
O ANEL MÁXICO, de Carlo Goldoni
A ONDA, adaptación de Spasmo
Curso 2016 - 2017
O CADÁVER DO SEÑOR GARCÍA, de Jardiel Poncela
Curso 2017 - 2018
O CERDEIRAL, de Chejov
OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE, de Castelao
Curso 2018 - 2019
A MIN DÉRONME ESTE ENDEREZO 2019, de Spasmo