Presas
“Presas”, é unha obra de Verónica Fernández e Ignacio del Moral, que baixo a dirección de Ernesto Caballero
constituíu o traballo de remate e licenciatura dos alumnos e alumnas de cuarto da RESAD.
A súa estrea foi en abril do 2005. Esta é a adaptación de Spasmo no 2008.
Presas foi o exercicio do último curso das alumnas e alumnos da Real Escola Superior de Arte Dramática en Madrid, alá polo 2005. Por iso a súa estrutura coral; por iso o predominio das mulleres na ficción recreada por Verónica Fernández e Ignacio del Moral.
Presas é unha boa montaxe produto da lectura intelixente de Ernesto Caballero, profesor no RESAD e director da obra. Hai que ver o que poden dar de si uns somiers vellos de metal.
Presas contén unha metáfora da condición humana: desde Platón a Foucault o cárcere foi sempre un “drama” humano a pensar, a cuestionar, a temer.
Presas tamén é unha ollada na nosa historia tráxica máis recente. Temos que lembrar en honor de todos aqueles a quen se lles roubou o pasado por unha verdade e un ben dos que non queda nada, por que non eran tales.
Presas foi unha aposta: o teatro escolar pode ser bo teatro. E GAÑAMOS!
As fotos son de Nacho Gómez.
A reprentación foi en Cangas.... e gañamos o GZCREA 2008.
Carteis e fotos da obra | Presentación e reparto | |
Síntese e posta en escena | Texto da obra |
Marta Paredes Torres é a autora do video