Presentación e reparto
"Presas", é unha obra de Verónica Fernández e Ignacio del Moral, que baixo a dirección de Ernesto Caballero constituíu o traballo de remate e licenciatura dos alumnos e alumnas de cuarto da RESAD. A súa estrea foi en abril do 2005.
Esta é a adaptación de Spasmo 2008.
Presas foi o exercicio do último curso das alumnas e alumnos da Real Escola Superior de Arte Dramática en Madrid, alá polo 2005. Por iso a súa estrutura coral; por iso o predominio das mulleres na ficción recreada por Verónica Fernández e Ignacio del Moral.
Presas é unha boa montaxe produto da lectura intelixente de Ernesto Caballero, profesor no RESAD e director da obra. Hai que ver o que poden dar de si uns somiers vellos de metal.
Presas contén unha metáfora da condición humana. Desde Platón a Foucault o cárcere foi sempre un "drama" humano a pensar, a cuestionar, a temer.
Presas tamén é unha ollada na nosa historia tráxica máis recente. Temos que lembrar en honor de todos aqueles a quen se lles roubou o pasado por unha verdade e un ben dos que non queda nada, por que non eran tales.
Presas foi unha aposta: o teatro escolar pode ser bo teatro.
PERSONAXES
AS MONXAS
SOR CONCEPCIÓN, a superiora.............. Marta Paredes Torres
SOR PIEDADE, a supervisora das presas.............. Vanesa de Ruz Iglesias
SOR ADORACIÓN, a noviza...................... Rocío García Rodríguez
OS HOMES
DON MAURO, o director do cárcere.............. Héctor González Prado
DON MÁXIMO, o médico.................. David López Medina
DON ESTEBAN, o mestre.................... Pablo Rodríguez Liboreiro
AS PRESAS
TEODOSIA, a chivata..................... Rosalía Fernández Caballero
FUENSANTA, a tola...................... Carolina Mª Mencía Renda
MONIQUE, a francesiña...................... Lorena Durán Bello
XULIA e MARI MAR,
as irmás comunistas..... Catarina Pérez Davila e María Quinteiro González
MAGDALENA, a madame......................... Sara Pérez Veloso
A MANCA, a anarquista......................... Iratxe Tapia Jara
LOLA, a xitana...................... Caterina López Gutiérrez
IRIA, a embarazada...................... Noelia Alonso Aguiar
AURELIA, a discreta.......................... Andrea López Romero
CHARITO, a puta.................. María Vieites Rivera