Admisión FP Básica 2024-2025
O alumnado de 2º da ESO, que teña feito 15 anos ou os faga no ano natural en curso, deberá ser proposto excepcionalmente e a criterio do equipo docente e o responsable da orientación do centro para incorporarse á formación profesional básica.
O alumnado procedente de 3º e 4º da ESO poderá solicitar a petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo de grao básico. Poderá presentar a solicitude no seu centro de orixe sen necesidade de ser proposto e sen figurar na relación inicial de alumnado proposto polo centro.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 24 de xuño de 2024 e remata o día 4 de xullo de 2024, ás 14:00 h.
O alumnado de 2º ESO proposto excepcionalmente para incorporarse á formación profesional básica será avisado polo centro o día 24 de xuño de 2024. Este alumnado poderá, se así o considera, rexistrar a solicitude (Solicitude ED522A) de incorporación a un ciclo de Formación Profesional Básica na secretaría do centro no plazo anteriormente indicado.
Aquel alumnado de 3º ESO e 4º ESO que desexe incorporarse a un ciclo de Formación Profesional Básica deberá formalizar a súa solicitude (Solicitude ED522A) na secretaría do centro no plazo anteriormente indicado.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Prazos admisión FP Basica 2024-2025pdf | 66.86 KB |
Solicitude ED522A.pdf | 1011.05 KB |
Anexo III - Consentimento de incorporación á FP Básica.pdf | 109.45 KB |