Skip to Content

Departamento de Xeografía e Historia

Arteflix. A arte e os seus protagonistas. 4º ESO

PREPARADOS PARA UNHA ENCHENTA DA NOSA SERIE FAVORITA???

 

Os alumnos de 4º da ESO preparon unha escolma dos movementos artísticos da arte contemporánea no formato da plataforma Netflix.

A presentación constaba de 5 diapositivas: Vista previa, episodios, trailers, máis disto, detalles. A aplicación utilizada será o Google slide. 

Na vista previa, aparecerá unha obra representativa do movemento artístico,  o contexto histórico, e a modo de actores da serie, o nome dos artistas. 

Episodios: Nos 5 episodios aparecería un artista, o cadro, e o título. E na parte inferior, máis cadros do movemento.

Máis disto: Neste apartado, seleccionarase un artista,  reunirase un percorrido pola súa traxectora artistica, seleccionando obras dos distintos periodos.

Trailer Subirase un video realizado polo alumnado comentando unha obra. Máximo 3 minutos

Detalles: Reunirase a bibliografía, neste caso os enlaces de internet.

 

Fronteiras. Un traballo de 3º ESO C

A fronteira é unha liña, real ou imaxinaria, que delimita territorios, xa sexan países, estados, rexións ou comunidades. Pero ademáis, a fronteira é espazo dinámico onde se atopan e mesturan diferentes culturas, economías, políticas e sociedades. Son puntos de encontro e, ás veces, de conflito, onde as identidades defínense e redefinen continuamente. 

Partindo do formato da revista National Geographic, e ca aplicación Book Creator,  os alumnos de 3º ESO C realizaron o traballo Fronteiras. Con este traballo, definiron e estudaron as fronteiras, non só en termos xeográficos, senón tamén como espazos de interacción e cambio para poder comprender a complexidade do mundo moderno.

 

Irenealista. Véndese Castelo

Que tal se coñecemos un pouco máis a riqueza patrimonial de España?. A Península Ibérica conta con máis de 200 castelos espallados por todas as comunidades autónomas. O alumnado de 2º ESO do curso 2022-23 fixo unha viaxe no espazo e no tempo trasladándose á época medieval para anunciar a venta dun castelo. 

Imitando os anuncios das inmobilirias do s. XXI, anunciaron unha hipotética venda dun castelo a un hipotético cabaleiro. O anuncio foi un exercicio de creatividade e investigación recollendo os seguintes destalles: Unha breve descripción do castelo, unhas fotos, un video, un pequeno anuncio resaltando os beneficios de vivir nese castelo, e a ubicación en Google Earth.

Na derradeira diapositiva desta presentación aparece o mapa de España cas ubicacións dos distintos castelos "en venta". Picando en cada unha delas, pódese visualizar os anuncios dos distintos  castelos.

 

Obradoiro mosaico paleocristián e bizantino

Partindo dos mosaicos romanos que servían de pavimento, os primeiros cristiáns aproveitaron a técnica para decorar as paredes e teitos das igrexas con materiais pobres inicialmente. Despois da legalización do cristianismo, os mosaicos realizaronse con teselas de pan de ouro ou de cores máis vivos.

Os alumnos de 2º ESO nas materias de Relixión, Lingua Castelá e Historia realizaron un obradoiro que consistiu na elaboración dun mosaico con recortes de papeis.

 

Programacións didácticas. Departamento de Xeografía e Historia 2023-2024

Programacións do departamento de Xeografía e Historia para o curso 2023/2024.



by Dr. Radut