Skip to Content

1º bacharelato, 2º bacharelato

Calendario de Exames de Materias Pendentes_1.ª Avaliación

En documento adxunto pódese consultar o calendario de exames de materias pendentes para a primeira avaliación. 

Aberto o prazo de inscrición no programa CUALE 2024-2025

Que é o programa CUALE?

O programa CUALE (Cursos para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) consiste nun curso oficial equivalente ao curso da Escolar Oficial de Idiomas (EOI) no que se prepara ao alumnado para a realización das probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas. Os cursos son gratuítos e ofertados polo centro.

Anuncio do programa CUALE 2024-2025-Xunta de Galicia

Idioma e nivel

Inglés, nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER).

Requisitos de inscrición

Alumnado matriculado no primeiro curso do bacharelato no ano académico 2024-2025.

Plazas ofertadas

Máximo de 20 alumnos/as.

Criterios de selección do alumnado

Se o número de solicitantes fose maior que o número de plazas dispoñibles os criterios de selección, por orde de prioridade, serán os seguintes:

  1. Cualificación final da materia de lingua inglesa do curso 2023-2024.
  2. Cualificación media do curso no que estivese matriculado/a o/a alumno/a no curso 2023-2024.

Vantaxes do CUALE

O alumnado procedente dos cursos CUALE que se matricule para realizar as probas de certificación na Escola Oficial de Idiomas de Vigo terá carácter de alumnado oficial para os efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, unicamente no idioma e nivel cursado no programa CUALE, e non terá que aboar os prezos públicos polo acceso ás probas de certificación. Esta exención inclúe o concepto de apertura de expediente académico.

Horarios

Martes e xoves de 17:00 a 18:30 h.

Cando e onde inscribirse?

Prazo de inscrición: desde o 1 de setembro ao 11 de setembro de 2024 (ambos incluidos).

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN PREMENDO AQUÍ

Normativa

Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Listaxe de libros de texto para o curso 2024-25

O listado de libros de texto para o curso 2024-25 está dispoñible premendo no seguinte enlace:

Listado libros de texto 2024-25

Presentacións_Xornadas de orientación

Adxúntanse as presentacións empregadas nas xornadas de orientación para o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato.

Resultados ABAU 2024

Parabéns a todo o alumnado polos excelentes resultados obtidos nas probas ABAU 2024

Concerto Final de Curso 2024

 

Concerto Final de Curso 2024

Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade ABAU 2024 - Convocatoria Extraordinaria

Datas e lugar dos exames das probas ABAU 2024:

  • Convocatoria extraordinaria - 2, 3 e 4 de xullo de 2024
  • Lugar: Edificio de Ciencias Experimentais Campus Lagoas-Marcosende, Vigo

Matrícula ABAU 2024 nos centros de secundaria:

  • Convocatoria extraordinaria - 13, 14, 15, 16 e 17 de xuño de 2024
  • O alumnado que se presenta ás probas ABAU, na convocatoria extraordinaria, debe ter entregados na secretaría do centro os resgardos de pago das taxas do título de Bacharelato e ABAU o día de 17 de xuño de 2024. *No caso de pago telemático das taxas ABAU non será necesario aportar resgardo de pago na secretaría do centro.

Instrucións para o pago de taxas (título de Bacharelato e taxas ABAU) premendo AQUÍ.

Información xeral sobre as probas ABAU 2024 premendo AQUÍ.

Preguntas frecuentes premendo AQUÍ.

Probas de acreditación da competencia dixital - Adultos

As probas de acreditación da competencia dixital, nivel intermedio, para o alumnado de 2º Bacharelato (Adultos) inscrito, terán lugar o xoves, día 13 de xuño de 2024, ás 17:00 h, na aula Info 1 do centro.

As probas de acreditación da competencia dixital, nivel intermedio, para o alumnado de ESA IV inscrito, terán lugar o martes, día 18 de xuño de 2024, ás 17:00 h, na aula Info 1 do centro.

Admisión a FP. Curso 2024-2025

Publicación das instrucións xerais e dos calendarios do proceso de admisión ás ensinanzas de formación profesional para o curso 2024-2025.

Xornadas de portas abertas da USC

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño en Santiago e o 20, 21 e 22 de xuño en Lugo as “Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC”.

Distribuir contido


by Dr. Radut