Skip to Content

ABAU

Obxecto e ámbito de aplicación

Esta avaliación realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudos universitarios oficiais de grao.
A proba da ABAU estruturarase en dúas partes, denominadas, respectivamente, parte obrigatoria e parte voluntaria.

Estrutura da proba

A ABAU estrutúrase en dúas partes denominadas, respectivamente, parte obrigatoria e parte voluntaria.

Parte Obrigatoria. A parte obrigatoria está formada polas tres materias xerais do bloque de materias troncais (Lingua Galega e Literatura II, Lingua Castelá e Literatura II e Primeira Lingua Estranxeira II) e de Historia de España ou Historia da Filosofía, que elixirá no momento de matricularse. Ademais tamén deberá examinarse da materia cursada en 2º de Bacharelato como específica obrigatoria da modalidade (Debuxo Artístico II; Análise Musical II ou Artes Escénicas II; Matemáticas II ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II; Latín II ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II; Ciencias Xerais).

Parte Voluntaria. O alumnado que queira mellorar a súa cualificación de admisión poderá examinarse dun máximo de catro materias, distintas das que se examinou na Parte Obrigatoria, a elixir de entre as 28 materias seguintes: Historia de España, Historia da Filosofía, Debuxo Artístico II, Análise Musical II, Artes Escénicas II, Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Ciencias Xerais, Segunda Lingua estranxeira (distinta da que cursou como materia troncal, a elixir entre Inglés, Francés, Alemán, Italiano e Portugués), Debuxo Técnico Aplicado ás Artes Plásticas e ao Deseño II, Deseño, Fundamentos Artísticos, Técnicas de Expresión Gráfico-plástica, Coro e Técnica Vocal II, Historia da Música e da Danza, Literatura Dramática, Bioloxía, Debuxo Técnico II, Física, Xeoloxía e Ciencias Ambientais, Química, Tecnoloxía e Enxeñaría II, Movementos Culturais e Artísticos, Empresa e Deseño de Modelos de Negocio, Xeografía, Grego II e Historia da Arte.

Tanto a materia cursada como específica obrigatoria da modalidade como as outras catro materias da parte obrigatoria son materias da parte obrigatoria pero tamén poden contar como unha materia máis da parte voluntaria.

O alumnado de bacharelato que superase a parte obrigatoria en convocatorias anteriores, e só se examine da parte voluntaria, se elixe unha Segunda Lingua Estranxeira, esta ten que ser distinta da que cursase como Primeira Lingua Estranxeira.

O alumnado de FP que tamén superase bacharelato e a parte obrigatoria da ABAU, se elixe unha Segunda Lingua Estranxeira, esta ten que ser distinta da que cursase como Primeira Lingua Estranxeira.

O exame de cada materia terá unha duración de 90 minutos cun descanso de 30 minutos entre probas consecutivas, de acordo co horario que figura no Anexo III.

O alumnado que se matricule de Historia de España e Historia da Filosofía (unha delas elixida como materia da parte obrigatoria e outra como materia da parte voluntaria), deberá realizar en primeiro lugar a que elixiu como obrigatoria e disporá dun máximo de 90 minutos para completar a resposta. Despois de entregar este exame poderá descansar un máximo de 30 minutos dentro da aula antes de solicitar os enunciados do exame da segunda materia e disporá dun máximo de 90 minutos para completar a resposta a este segundo exame.

O alumnado que se matricule de varias materias da parte voluntaria con horarios coincidentes recibirá os enunciados dos exames de forma sucesiva de parte da Comisión Delegada, no orde previsto polo Tribunal Único, e disporá dun máximo de 90 minutos para completar a resposta de cada exame. Despois de entregar a resposta dun exame poderá descansar un máximo de 30 minutos dentro da aula antes de solicitar os enunciados do seguinte exame e disporá, de novo, dun máximo de 90 minutos para completar a resposta.

Matrícula e prazo de presentación

Os estudantes e as estudantes formalizarán a súa solicitude de matrícula para a proba de ABAU nas datas que determine a CiUG.

O alumnado entregará a solicitude na secretaría do centro en que superase o segundo curso do bacharelato. Os que obtivesen o título de bacharel ou equivalente en convocatorias anteriores presentarán a súa solicitude no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) que lle corresponda ao seu centro ou no que lle corresponda ao centro máis próximo ao seu lugar de residencia, ou mediante o procedemento telemático establecido pola CiUG.

Alumnado NEAE

Os estudantes e as estudantes formalizarán a súa solicitude de matrícula para a proba de ABAU nas datas que determine a CiUG.

O alumnado entregará a solicitude na secretaría do centro en que superase o segundo curso do bacharelato. Os que obtivesen o título de bacharel ou equivalente en convocatorias anteriores presentarán a súa solicitude no lugar de entrega e recollida de documentación (LERD) que lle corresponda ao seu centro ou no que lle corresponda ao centro máis próximo ao seu lugar de residencia, ou mediante o procedemento telemático establecido pola CiUG.

Para que a CiUG poida levar a cabo as medidas que se determinen, a data límite para o envío de solicitudes será o 04/02/2023, salvo casos excepcionais que xurdan con posterioridade.

Anexo I. Autorización para solicitar adaptacións ABAU

Anexo II. Certificado e documentación requerida

Información ABAU 2024

ABAU 2024



page | by Dr. Radut