Skip to Content

Admisión e matrícula

Datas matrícula extraordinaria ESA III/IV (Educación Secundaria Adultos) e Bacharelato adultos

Adxuntamos información: Requisitos Idade (PREMA AQUÍ): Artigo 3

O horario de secretaría para a formalización da matrícula é de 9:00 a 14:00 horas

Prazo extraordinario de inscrición e matrícula:

-        ESA: do 2 ao 10 de setembro

-        Bacharelato Adultos: do 2 ao 20 de setembro

*As persoas que non dispoñan de Certificación Académica e non acrediten estudos que poidan ser obxecto de validación e desexen matricularse na ESA por primeira vez, deberán realizar unha proba de Valoración Inicial  de Aprendizaxe (Proba VIA), co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento. Deberán cubrir na secretaría do centro o impreso para apuntarse nesta proba do 2 ao 10 de setembro.

A data da proba de Valoración Inicial de Aprendizaxe (Proba VIA):

11 setembro 2024 - 9:30 h.- Biblioteca

INFORMACIÓN DAS ENSINANZAS DA ESA:

É unha ensinanza voluntaria e gratuíta que na modalidade presencial ten as seguintes características:

As clases presenciais son diarias e os horarios de 18:30 a 21:45 h.

Validez académica oficial para continuar outros estudos ou para a inserción no mundo laboral.

Módulos e Ámbitos: A ESA está dividida en catro módulos equivalentes a 1º, 2º, 3º, 4º, da E.S.O. (no IES Santa Irene temos ESA III e IV no 1º cuadrimestre (do 11 de setembro á primeira semana de febreiro) e no 2º cuadrimestre (da segunda semana de febreiro ao 20 de xuño).

En cada un dos cuadrimestres pode cursar un módulo, polo tanto, nun ano académico (de setembro a xuño) pode cursar dous módulos e no 2º cuadrimestre pode repetir os ámbitos suspensos no 1ºCuadrimestre.

Cada módulo (ESA III e ESA IV) consta dos seguintes ámbitos:

1. Ámbito CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO; 2. Ámbito SOCIAL; 3. Ámbito de COMUNICACIÓN

Materiais: Os materiais empregados serán os que indique o/a profesor/a de cada ámbito.

Avaliación: Non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado o mesmo ámbito no módulo anterior.

O horario de secretaría para a formalización da matrícula é de 9:00 a 14:00 horas

Datas matrícula ordinaria ESA (Educación Secundaria Adultos) e Bacharelato adultos

Adxuntamos información: Requisitos Idade (PREMA AQUÍ): Artigo 3

O horario de secretaría para a formalización da matrícula é de 9:00 a 14:00 horas

Prazo extraordinario de inscrición e matrícula a partir do 2 de setembro.

Aberto o prazo de inscrición no programa CUALE 2024-2025

Que é o programa CUALE?

O programa CUALE (Cursos para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) consiste nun curso oficial equivalente ao curso da Escolar Oficial de Idiomas (EOI) no que se prepara ao alumnado para a realización das probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas. Os cursos son gratuítos e ofertados polo centro.

Anuncio do programa CUALE 2024-2025-Xunta de Galicia

Idioma e nivel

Inglés, nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER).

Requisitos de inscrición

Alumnado matriculado no primeiro curso do bacharelato no ano académico 2024-2025.

Plazas ofertadas

Máximo de 20 alumnos/as.

Criterios de selección do alumnado

Se o número de solicitantes fose maior que o número de plazas dispoñibles os criterios de selección, por orde de prioridade, serán os seguintes:

  1. Cualificación final da materia de lingua inglesa do curso 2023-2024.
  2. Cualificación media do curso no que estivese matriculado/a o/a alumno/a no curso 2023-2024.

Vantaxes do CUALE

O alumnado procedente dos cursos CUALE que se matricule para realizar as probas de certificación na Escola Oficial de Idiomas de Vigo terá carácter de alumnado oficial para os efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, unicamente no idioma e nivel cursado no programa CUALE, e non terá que aboar os prezos públicos polo acceso ás probas de certificación. Esta exención inclúe o concepto de apertura de expediente académico.

Horarios

Martes e xoves de 17:00 a 18:30 h.

Cando e onde inscribirse?

Prazo de inscrición: desde o 1 de setembro ao 11 de setembro de 2024 (ambos incluidos).

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN PREMENDO AQUÍ

Normativa

Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Admisión FP básica. Adxudicación de prazas. Curso 2024-2025

Os centros nos que estea asignada a praza poñeranse en contacto co alumnado para confirmar a matrícula e solicitarlles a documentación que proceda.

Admisión FP Básica 2024-2025

O alumnado de 2º da ESO, que teña feito 15 anos ou os faga no ano natural en curso, deberá ser proposto excepcionalmente e a criterio do equipo docente e o responsable da orientación do centro para incorporarse á formación profesional básica.

O alumnado procedente de 3º e 4º da ESO poderá solicitar a petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo de grao básico. Poderá presentar a solicitude no seu centro de orixe sen necesidade de ser proposto e sen figurar na relación inicial de alumnado proposto polo centro.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 24 de xuño de 2024 e remata o día 4 de xullo de 2024, ás 14:00 h.

O alumnado de 2º ESO proposto excepcionalmente para incorporarse á formación profesional básica será avisado polo centro o día 24 de xuño de 2024. Este alumnado poderá, se así o considera, rexistrar a solicitude (Solicitude ED522A) de incorporación a un ciclo de Formación Profesional Básica na secretaría do centro no plazo anteriormente indicado.

Aquel alumnado de 3º ESO e 4º ESO que desexe incorporarse a un ciclo de Formación Profesional Básica deberá formalizar a súa solicitude (Solicitude ED522A) na secretaría do centro no plazo anteriormente indicado.

Lista definitiva de alumnado admitido - Curso 2024-2025

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a lista definitiva de alumnado admitido para o curso 2023-2024. O alumnado que figura como non admitido queda en espera da asignación subsidiaria do mes de xullo.

Lista provisional de alumnado admitido - Curso 2024-2025

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a lista provisional de alumnado admitido para o curso 2024-2025. O alumnado que figura como non admitido pode obter praza na adxudicación subsidiaria do mes de xullo de 2024. Figura, polo tanto, como alumnado en reserva.

Información completa sobre o proceso de admisión 2024-2025 premendo AQUÍ.

Lista definitiva de alumnado admitido 2º Bacharelato - Admisión 2024-2025

Comunícase que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no período de admisión ordinario (do 1 ao 20 de marzo de 2024) para o curso 2º Bacharelato resultou admitido e deberá formalizar a matrícula no período que vai do 24 de xuño ao 8 de xullo de 2024. A lista de alumnado admitido para o curso 2º Bacharelato pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro.

A lista provisional de admitidos do alumnado que presentou solicitude de admisión no período de admisión ordinario (do 1 ao 20 de marzo de 2024) para os restantes cursos da ESO e 1º Bacharelato publicarase o día 25 de abril de 2024 no taboleiro de anuncios do centro.

"Falemos ABAU" - UDC

Adxúntanse uns videos curtos "Falemos da ABAU" da Universidade de A Coruña que poden ser de utilidade para o alumnado de 2º Bacharelato sobre as probas ABAU e o proceso de admisión para o curso académico 2024/2025.

Parte I: Contexto da ABAU

Parte II: Proba de acceso

Parte III: Proceso de admisión

Proceso de admisión de alumnado externo para o curso 2024-2025

O día 1 de marzo de 2024 comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo ordinario remata o día 20 do mesmo mes

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Normativa

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

Distribuir contido


by Dr. Radut