Uns alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de bacharelato participaron os días 6 e 7 de maio no Festival da Francofonía. Interpretaron a canción "l'Amour" de Christophe Maé. O alumnado mostrou un gran entusiasmo.
Viaxamos a París a finais de febreiro co alumnado de francés. Un destino privilexiado para realizar unha visita de carácter cultural e lingüístico na que a práctica do francés adquire protagonismo. Foron catro días intensos, durante os que puidemos visitar lugares emblemáticos.
O pasado 19 de febreiro o alumnado de francés participou nun taller de crêpes. Tiveron a oportunidade de achegarse á cultura bretona, poñendo en práctica a lingua francesa, facendo a súa propia crêpe así como degustándoa.
A actividade foi un éxito grazas á implicación e o bo comportamento do alumnado.