Bolsas e axudas
ALUMNADO DE ENSINANZAS POSTOBRIGATORIRAS (MINISTERIO DE EDUCACIÓN)
Beneficiarios
- Alumnado de bacharelato
- Formación profesional de Grao Básico, Medio e Superior
- Ensinanzas artísticas
- Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais
- Ensinanzas deportivas
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional
Prazo de solicitude
Marzo-maio de cada ano
Presentación de solicitudes
Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Información xeral da convocatoria e requisitos
Bolsas FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios
--------------------------------------------------
ALUMNADO NEAE (MINISTERIO DE EDUCACIÓN)
- Os alumnos que presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastorno grave de conduta, ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
- Os alumnos con TEA (Trastorno do espectro autista) non incluídos no apartado anterior.
- Alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Prazo de solicitude
De maio a setembro de cada ano
Presentación de solicitudes
As solicitudes tanto de axuda como de subsidio deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es.
Os solicitantes que non dispoñan de firma electrónica e, por tanto, impriman o modelo de solicitude en ficheiro pdf presentarano, coa súa firma e a dos demais membros computables da familia, acompañada da documentación correspondente, no centro docente no que vaian seguir os estudos durante o próximo curso académico.
Unicamente poderán presentarse directamente nas direccións provinciais do Ministerio de Educación e Formación Profesional ou nas comunidades autónomas as solicitudes daqueles alumnos que non puidesen obter reserva de praza para o curso seguinte nun centro adecuado ás súas necesidades educativas.
A presentación das solicitudes poderá facerse ben persoalmente, nos lugares indicados, ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Común das Administracións Públicas.
Información xeral da convocatoria e requisitos
Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo
--------------------------------------------------
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
Beneficiarios
Alumnado de ESO
Prazo de solicitude
Maio-xuño de cada ano
Presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Información xeral da convocatoria e requisitos
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
--------------------------------------------------
BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Beneficiarios
Alumnado de 4º ESO, 1º BACH e 2º BACH
Prazo de solicitude
Desde o día 06 de novembro de 2023 ata o 21 de decembro de 2023
Presentación de solicitudes
O alumnado interesado nas probas de nivel lingüístico debe anotarse na secretaría do centro en horario de 09:00 h a 14:00 h.
Información xeral da convocatoria e requisitosBeneficiarios
Alumnado de 4º ESO
Prazo de solicitude
Setembro-outubro de cada ano
Presentación de solicitudes
Os estudantes deben rexistrarse e cumprimentar o formulario de inscrición dispoñible na páxina web do Programa, sección “Acceso a Participantes”, achegando a documentación requirida
Información xeral da convocatoria e requisitos
Programa de bolsas Fundación Amancio Ortega
Beneficiarios
Alumnado de ESO e Bacharelato, nados con anterioridade ao 31 decembro de 2007.
Prazo de solicitude
Marzo-abril de cada ano
Presentación de solicitudes
Os estudantes deben rexistrarse e cumprimentar o formulario de inscrición dispoñible na páxina web do Programa.
Información xeral da convocatoria e requisitos