Skip to Content

Seguro escolar

SEGURO ESCOLAR

  • A cota do Seguro Escolar debe ser aboada polo alumnado menor de 18 anos que se matricule en 3º ESO, 4º ESO, 1º ou 2º de Bacharelato. Esta cota será aboada cando se formalice a matrícula.
  • Ademais de aboar a cota correspondente, é necesario ser titular dun Número de Afiliación á Seguridade Social (NUSS).

Protocolo de actuación en caso de accidente escolar

Alumnado de 1º ou 2º de ESO

Estos alumnos e alumnas non están cubertos polo Seguro Escolar do centro.

  • Comunicar o feito ao/á profesor/a da materia, profesorado de garda, xefatura de estudos e na Secretaría.
  • O feito poráse en coñecemento dos pais.
  • No caso que fose preciso, avisaranse aos servizos de urxencia 061.
  • Un/unha profesor/a ou responsable do centro acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais. 
  • O alumnado con prestación da Seguridade Social, recibirá asistencia sanitaria no Centro de Saúde ou no Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo.
  • O alumnado con seguro privado, recibirá asistencia no centro que lle corresponda. 
  • A prestación será cuberta coa tarxeta sanitaria do/a alumno/a. 

Alumnado de 3º ESO, 4º ESO, 1º ou 2º de Bacharelato

  • Comunicar o feito ao/á profesor/a da materia, profesorado de garda, xefatura de estudos e na Secretaría.
  • O feito porase en coñecemento dos pais. 
  • No caso de que fose preciso, avisarase ao servizo de urxencias 061. 
  • Un/unha profesor/a ou responsable do centro acompañará ao/á alumno/a ata o momento que cheguen os pais. 
  • A asistencia sanitaria recibirase no Centro de Saúde ou no Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo.
  • A prestación será cuberta polo Seguro Escolar. 


page | by Dr. Radut