Polos Creativos
O proxecto de polos creativos baséase na aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria albergando prácticas de investigación e experimentación.
Funcionan como centro de actividades no que se traballa a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras.