Datas matrícula extraordinaria ESA III/IV (Educación Secundaria Adultos) e Bacharelato adultos
Adxuntamos información: Requisitos Idade (PREMA AQUÍ): Artigo 3
O horario de secretaría para a formalización da matrícula é de 9:00 a 14:00 horas
Prazo extraordinario de inscrición e matrícula:
- ESA: do 2 ao 10 de setembro
- Bacharelato Adultos: do 2 ao 20 de setembro
*As persoas que non dispoñan de Certificación Académica e non acrediten estudos que poidan ser obxecto de validación e desexen matricularse na ESA por primeira vez, deberán realizar unha proba de Valoración Inicial de Aprendizaxe (Proba VIA), co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento. Deberán cubrir na secretaría do centro o impreso para apuntarse nesta proba do 2 ao 10 de setembro.
A data da proba de Valoración Inicial de Aprendizaxe (Proba VIA):
11 setembro 2024 - 9:30 h.- Biblioteca
INFORMACIÓN DAS ENSINANZAS DA ESA:
É unha ensinanza voluntaria e gratuíta que na modalidade presencial ten as seguintes características:
As clases presenciais son diarias e os horarios de 18:30 a 21:45 h.
Validez académica oficial para continuar outros estudos ou para a inserción no mundo laboral.
Módulos e Ámbitos: A ESA está dividida en catro módulos equivalentes a 1º, 2º, 3º, 4º, da E.S.O. (no IES Santa Irene temos ESA III e IV no 1º cuadrimestre (do 11 de setembro á primeira semana de febreiro) e no 2º cuadrimestre (da segunda semana de febreiro ao 20 de xuño).
En cada un dos cuadrimestres pode cursar un módulo, polo tanto, nun ano académico (de setembro a xuño) pode cursar dous módulos e no 2º cuadrimestre pode repetir os ámbitos suspensos no 1ºCuadrimestre.
Cada módulo (ESA III e ESA IV) consta dos seguintes ámbitos:
1. Ámbito CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO; 2. Ámbito SOCIAL; 3. Ámbito de COMUNICACIÓN
Materiais: Os materiais empregados serán os que indique o/a profesor/a de cada ámbito.
Avaliación: Non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado o mesmo ámbito no módulo anterior.
O horario de secretaría para a formalización da matrícula é de 9:00 a 14:00 horas